Transteísmo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Transteísmo provén de Transteísta, termo acuñado polo folósofo Paul Tillich e o estudoso Heinrich Zimmer para referirse ao sistema de pensamento ou filosofía relixiosa que transcende ao teísmo, e que, por tanto, non é teísta nin ateísta.

Características[editar | editar a fonte]

Zimmer aplica o termo ao sistema teolóxico do xainismo, que é teísta no sentido de que pensa que os Deuses existen, pero que se converten en inmateriais cando son trascendidos por Moksha (isto é, un sistema que non é ateísta, pero no cal os Deuses non son a instancia espiritual máis alta). Zimmer usa o termo para describir a posición dos Tirthankaras tendo traspasado máis aló das divindades gobernantes da orde natural.

O termo tamén se aplicou recentemente ao budismo[1], ao Advaita Vedanta[2] e ao movemento Bhakti[3].

Nathan Katz, en Buddish and Western Philosophy, anota que o termo "transpoliteísta" sería máis adecuado, xa que este indica que as deidades politeístas non son negadas ou rexeitadas aínda despois da noción do Brahman absoluto que os transcende, pero critica a clasificación por categorizar o principal pola periferia. "Como categorizar o Catolicismo Romano como un bo exemplo de non-Nestorianismo".

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Antonio Rigopoulos, The Life and Teachings of Sai Baba of Shirdi (1993), p. 372; J. L. (Ed) Houlden, Jesus: The Complete Guide (2005), p. 390
  2. Steven T. Katz, Mysticism and Sacred Scripture, Oxford University Press (2000), p. 177 ; Pulasth Soobah. Roodurmun, Kanshi Ram, Bhāmatī and Vivaraṇa Schools of Advaita Vedānta, Motilal Banarsidass (2002), p. 172
  3. Werner Karel, Love Divine: Studies in Bhakti and Devotional Mysticism (1993), p. 153

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Ruth Reyna, Dictionary of Oriental Philosophy, Munshiram Manoharlal (1984).
  • Heinrich Robert Zimmer, Philosophies of India, ed. Joseph Campbell (1953).

Outros artigos[editar | editar a fonte]