Trade-off
![]() | Este artigo ou sección precisa revisión por alguén que saiba deste tema. Se ten eses coñecementos mellore este artigo. (Desde xaneiro de 2011.) |
![]() | Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |

O trade-off (ou tradeoff) é un concepto económico que se refire aos dilemas existentes á hora de elixir entre situacións aparentemente antagonistas. Utilízase para ilustrar como a solución para un problema concreto adoita acarrexar, inevitabelmente, un empeoramento doutro. Tamén se refire, en xeral, á idea de que a consecución dun obxectivo implica a renuncia doutro.
Concepto[editar | editar a fonte]
Cando nos topamos ante un problema, é habitual que as posíbeis solucións non sexan completamente satisfactorias. Rara é a vez que a solución elixida non acarrexa consecuencias non desexadas, aínda que non por iso imprevistas. En moitas ocasións, pola contra a mellora do aspecto analisado implica unha afección no sentido inverso noutros.
Diferénciase lixeiramente outra acepción, a de que unha elección comporta, necesariamente, a renuncia a outras cousas. Este concepto de trade-off deriva, principalmente, da escaseza: nun mundo finito, con recursos e capacidades finitas, obtelo todo é imposíbel.
Non ten porqué ser, con todo, un problema definitivo ou irresoluble. En ocasións as renuncias poden ser temporais e ser solucionadas no futuro ou, en casos, a renuncia nun momento pode provocar un beneficio no futuro no mesmo aspecto.
Exemplo[editar | editar a fonte]
Un exemplo habitual de trade-off dáse ao falares do binomio inflación/desemprego. Cando as políticas económicas públicas se dirixen principalmente á consecución de maiores niveis de emprego asúmese que, ao medio prazo, provocará un certo requentamento da economía e un maior grao de inflación.
Pódese aplicar, por exemplo, ás decisións de empresas: ao final de ano, unha empresa debe elixir se dedicar os beneficios a reservas ou a distribuír entre os accionistas. É evidente que unha elección afecta á outra. Máis pode resultar que un aumento das reservas nun momento dado mellore o beneficio a longo prazo, co cal o trade-off tivo, posteriormente, aspectos positivos.
Moito máis claro, e próximo, é o seguinte exemplo: contando cunha cantidade limitada de diñeiro no peto, o habitual é que non poidamos mercar todo o que desexamos, e nos teñamos que obrigar a mercar unha cousa, ou outra.