Tosta Banda
Tosta Banda | |
---|---|
![]() | |
Orixe | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Período | 2016 – presente |
Xénero(s) | Folk |
Selo(s) discográfico(s) | Txalap.ART Productions |
Membros | Gwilym Bowen Rhys Mónica de Nut Caoimhín Ó Fearghail Bec Applebee Rona Wilkie Marit Talens Mixel Ducau Iñigo Egia Mikel Ugarte Ixi Jauregi |
Na rede | |
http://www.tostabanda.com/ | |
![]() ![]() |
Tosta Banda é un grupo de música folk internacional que xurdiu no ano 2016. Está formado por músicos e cantantes de Escocia, Gales, Frisia, Galicia, Irlanda, País Vasco e Cornualla.[1] Mixel Ducau é o director musical de Tosta Banda, e Igor Otxoa o director artístico. O seu primeiro álbum, “Tosta”, foi gravado nos estudios Elkar de Donostia, e mesturado no estudio “Musikart” de Amezketa, no País Vasco, estará dispoñible en outubro de 2017.[2]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
A orixe do nome do grupo, que se refire á bancada dun bote, provén dunha palabra que está presente en varias linguas minoritarias da costa atlántica europea. O seu repertorio está composto por cancións tradicionais das sete culturas de procedencia e novas composicións creadas por tódolos músicos que participan na banda. O proceso de formación do grupo comezou no ano 2016, ano durante o cal o grupo realizou unha xira en diferentes festivais de música folk nos países de orixe dos músicos, como o Atlantikaldia de Errenteria.[3]
Membros[editar | editar a fonte]
Gwilym Bowen Rhys: voz, guitarra acústica e mandolina
Mónica de Nut: voz e pandeireta
Caoimhín Ó Fearghail: voz, bouzouki e frauta
Bec Applebee: voz e percusión
Rona Wilkie: voz e fiddle
Marit Talens: voz e percusión
Mixel Ducau: alboka, ttun ttun, clarinete, saxofón soprano e guitarra acústica
Iñigo Egia: percusión
Mikel Ugarte: txalaparta
Ixi Jauregi: voz, txalaparta e pandeireta
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Siete lenguas en una misma banda". DSS2016.eu. 22 de setembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2017. Consultado o 28 de marzo de 2017.
- ↑ Tosta Banda (ed.). "Axenda de Tosta". Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2017. Consultado o 28 de marzo de 2017.
- ↑ Korta, R (23 de setembro de 2016). "Tosta Band, integrada por músicos de lenguas minoritarias, llega a Atlantikaldia". Diariovasco. Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2017. Consultado o 28 de marzo de 2017.