Saltar ao contido

Tomoe Gozen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTomoe Gozen
Biografía
Nacemento1157 Editar o valor en Wikidata
Xapón Editar o valor en Wikidata
Morte1247 Editar o valor en Wikidata (89/90 anos)
Fukumitsu Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónSamurai, militar, Onna-musha Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Participou no conflitoBatalha de Awazu (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMinamoto no Yoshinaka Editar o valor en Wikidata
FillosMinamoto no Yoshimoto (incerteza), Minamoto no Yoshimune (incerteza), Minamoto no Yoshitaka (incerteza) Editar o valor en Wikidata
PaisHiguchi Kanemitsu
Nakahara Kanetō Editar o valor en Wikidata  e Sentsuru Gozen Editar o valor en Wikidata

Tomoe Gozen (巴 御前, Pronuncia xaponesa: [tomo.e])[1] foi unha onna-bugeisha (muller guerreira) do período Heian tardío da historia do Xapón. Serviu ao señor Minamoto no Yoshinaka durante a Guerra Genpei e participou no conflito que levou ao primeiro shogunato.[2][3]

A súa historia, relatada en Heike Monogatari («O conto de Heike»), influíu a varias xeracións de samurais. Tomoe é acotío homenaxeada en libros, música, poesía, cinema, novela histórica, e na cultura en xeral.[2][3]

Guerra Genpei

[editar | editar a fonte]
«Tomoe Gozen asasina Uchida Ieyoshi na Batalla de Awazu no Hara (1184)», gravado de Ishikawa Toyonobu (c. 1750)

Baixo o liderado de Yoshinaka, dirixiu 300 samurais contra 2.000 guerreiros Taira, un clan rival, durante a guerra. Despois de derrotar o clan Taira en 1182 e conducilos ás provincias occidentais, Yoshinaka tomou Kyoto e aspirou a ser o dirixente do clan Minamoto. Incitaron ao seu curmán Yoritomo para esmagalo, e enviou os seus irmáns Yoshitsune e Noriyori para matar a Yoshinaka.

Yoshinaka enfrontouse ás tropas de Yoritomo na Batalla de Awazu o 21 de febreiro de 1184, onde Tomoe Gozen obtivo polo menos unha cabeza inimiga. Malia que as tropas de Yoshinaka loitaron con valor, foron superadas en número e derrotadas. Ao Yoshinaka ser vencido, con só uns poucos dos seus soldados en pé, díxolle a Tomoe Gozen que fuxise porque quería morrer co seu irmán adoptivo Imai Kanehira e sería avergoñado se morrer cunha muller.[4]

Hai diversos rexistros posteriores. Na Batalla de Awazu en 1184[5] decapitou o samurai Honda no Morishige de Musashi.[6] Tamén se soubo que matou a Uchida Ieyoshi e que escapou de ser capturada por Hatakeyama Shigetada.[7] Despois de Tomoe Gozen decapitar o líder do clan Musashi, presentoulle a cabeza deste ao seu señor, Yoshinaka.[8]

  1. Gozen non era un nome, senón un título honorífico polo xeral outorgado ás mulleres. Porén, en ocasións tamén se lle outorgaba aos homes.
  2. 1 2 Pennington, Pennington (2003). Amazons to Fighter Pilots: A Biographical Dictionary of Military Women (en inglés). Vol. 2 (N-Z). Reina. pp. 437–438. ISBN 9780313327087.
  3. 1 2 Turnbull, Stephen (2012). Samurai Women 1184–1877 (en inglés). Ilustrado por Giuseppe Rava. Bloomsbury Publishing. pp. 36–37. ISBN 9781846039522.
  4. The Tales of the Heike (en inglés). Traducido por Burton Watson. Columbia University Press. 2006. p. 86. ISBN 9780231138031.
  5. Turnbull, Stephen (1998). The Samurai Sourcebook (en inglés). Cassell & Co. p. 204. ISBN 9781854095237.
  6. Faure, Bernard (2009). The Power of Denial: Buddhism, Purity, and Gender (en inglés). Princeton University Press. ISBN 9781400825615.
  7. Joly, Henri L. (1979). Legend in Japanese Art (en inglés). Tuttle. ISBN 9780804803588.
  8. Salmonson, Jessica Amanda (2015). Thousand Shrine Warrior (en inglés). Open Road Media. ISBN 9781453293836.