Tombe à la fille
A Tombe à la fille (tumba da moza) ou a tumba de Sainte Pataude[1] é unha pequena tumba situada nos bosques de Teillay, Bretaña, Francia. Segundo a tradición local, alí está enterrada unha nena asasinada polos Chouan durante a Revolución Francesa.[1] Hoxe é un lugar de gran devoción na comarca. A tumba está regularmente cuberta de flores, e adoita haber roupa de nenos colgada na vexetación circundante.[1][2][3]
Historia
[editar | editar a fonte]A moza alí enterrada foi Marie Martin, nada en Tresbœuf e residente en Teillay; no momento da morte tiña entre 17 e 19 anos. Aínda que existen varias narracións sobre o motivo do seu asasinato, unha das afirmacións máis acreditadas é que ela indicaría aos republicanos de Bain-de-Bretagne o agocho dun grupo de chouans (ou, pola contra, se negou a indicar o agocho dos revolucionarios).
Foi capturada e torturada durante moito tempo polos chouáns, que a deixaron morrer atada a unha árbore.[4]
A rapaza tamén é lembrada como Sainte Pataude (zoupona, torpe) polo o alcume que os chouáns daban aos republicanos en galó.[5][6]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Croyance populaire : Tombe à la fille". Bretagne Buissonnière (en francés). 22 de abril de 2010. Consultado o 15 de maio de 2022.
- ↑ "Teillay - TEILLAY - LA TOMBE A LA FILLE - FORET DE TEILLAY - Carte postale ancienne et vue d'Hier et Aujourd'hui". Geneanet (en francés). Consultado o 2022-04-17.
- ↑ "Teillay: les mines de la Brutz, une histoire de fer et d'hommes.". france3-regions.francetvinfo.fr.
- ↑ Schmitt 1983, p. 148-149
- ↑ Flohic et al. 1999, p. 276
- ↑ Marc-Elie (16 de febreiro de 2016). "Une sainte républicaine ?". SERAPHIM. Le Blog de Marc-Elie (en francés). Consultado o 5 de maio de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Flohic, Jean-Luc; Wolff, Jocelyn; Servignat, Marie-Beatrice (1999). Le patrimoine des communes de la Loire-Atlantique (en French). Charenton-le-Pont: Flohic editions. ISBN 978-2-84234-040-7. OCLC 44651150.
- Schmitt, Jean-Claude (1983). "Hagiographie sans texte. Le culte de saint Diboan en Cornouaille armoricaine". Les saints et les stars. Le texte hagiographique dans la culture populaire (en francés). Paris: Beauchesne. pp. 135–141. ISBN 978-2-7010-1075-5. OCLC 1076107955.
- Tallett, Frank & Atkin, Nicholas, eds. (1996). Catholicism in Britain and France since 1789. London: Hambledon Press. ISBN 978-0-8264-4136-2. OCLC 317891944.
- Ford, Caroline C (2005). Divided houses: religion and gender in modern France (en English). Ithaca, N.Y.; London: Cornell University Press. ISBN 978-0-8014-4367-1. OCLC 803175863.