Together

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Together
Álbum de The New Pornographers
Publicado4 de maio de 2010
Duración44:27
Xénero(s)indie rock, power pop
Selo(s)Last Gang Records Canadá
Matador Records EEUU
Producido porThe New Pornographers, Phil Palazzolo
Cronoloxía
Challengers Together Brill Bruisers

Together é o quinto álbum da banda canadense de indie rock The New Pornographers, publicado o 4 de maio de 2010[1] a través dos selos Last Gang Records no Canadá e de Matador Records nos Estados Unidos. O disco estreouse no número 18 da lista estadounidense Billboard 200.

O álbum gravouse en sete estudios diferentes da Columbia Británica e Nova York e conta coa colaboración de Zach Condon de Beirut, Annie Clark (tamén coñecida como St. Vincent), Will Sheff de Okkervil River, e os ventos de Sharon Jones & The Dap-Kings.

'[1]'Together está dedicado á memoria de Lynn Calder, que era a nai do teclista Kathryn Calder e a irmanastra de Carl Newman. "Sweet Talk, Sweet Talk" apareceu nunha campaña publicitaria en 2011 do Amazon Kindle, mentres que "Moves" foi usada nun anuncio do Hyundai Accent e outro de T-Mobile.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

N.º TítuloEscritor(es) Duración
1. "Moves"  Carl Newman 3:53
2. "Crash Years"  Newman 4:07
3. "Your Hands (Together)"  Newman 3:33
4. "Silver Jenny Dollar"  Dan Bejar 2:53
5. "Sweet Talk, Sweet Talk"  Newman 3:40
6. "My Shepherd"  Newman 4:36
7. "If You Can't See My Mirrors"  Bejar 2:56
8. "Up in the Dark"  Newman 3:10
9. "Valkyrie in the Roller Disco"  Newman 3:32
10. "A Bite Out of My Bed"  Newman 3:13
11. "Daughters of Sorrow"  Bejar 3:07
12. "We End Up Together"  Newman 5:47
44:27

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Pitchfork (ed.). "New Track From New Pornographers: "Your Hands (Together)"". Consultado o 7 de xuño de 2017.