Challengers

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Challengers
Álbum de The New Pornographers
Publicado21 de agosto de 2007
Gravación2006 - 2007
Estudio(s)The Seaside Lounge, Brooklyn
Duración48:17
Xénero(s)indie rock, power pop
Selo(s)Last Gang (Canadá)
Matador (EEUU)
Producido porPhil Palazzolo, John Collins, A. C. Newman
Cronoloxía
Twin Cinema Challengers Together

Challengers é o cuarto álbum da banda canadense de indie rock The New Pornographers, publicado o 21 de agosto de 2007 a través dos selos Last Gang Records e Matador Records.[1] O listaxe de cancións do disco foi revelado o día 1 de xuño de 2007.[2] Un box set con tres CDs regravables en branco, chamado "Executive Edition", foi editado o 7 de agosto de 2007, dúas semanas antes do álbum, coa promesa de futuras descargas multimedia dende a web do grupo para que os seguidores compilasen e gravasen os seus propios CDs. O primeiro disco incluía caras B, demos e versións alternativas; o segundo, titulado "Live from the Future", tiña interpretacións ao vivo de temas relacionados co álbum; e o terceiro traía vídeos, fotos e traballos de arte dos discos. O material extra estivo dispoñible para descarga cos pedidos anticipados de Challengers.[3] "Failsafe" é unha canción de A.C. Newman gravada inicialmente pola banda de indie pop canadense The Choir Practice, e aparecida no seu álbum de estrea varios meses antes da edición de Challengers.

Challengers estreouse no número 34 da lista estadounidense Billboard 200, vendendo unhas 20 000 copias na súa primeira semana.[4] "Myriad Harbour" foi número 79 na lista da Rolling Stone das 100 mellores cancións de 2007.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Todos os temas compostos por A. C. Newman, agás onde se indique.

  1. "My Rights Versus Yours" – 4:14
  2. "All the Old Showstoppers" – 4:07
  3. "Challengers" – 3:29
  4. "Myriad Harbour" (Dan Bejar) – 3:55
  5. "All the Things That Go to Make Heaven and Earth" – 3:06
  6. "Failsafe" – 2:36
  7. "Unguided" – 6:30
  8. "Entering White Cecilia" (Bejar) – 3:26
  9. "Go Places" – 4:27
  10. "Mutiny, I Promise You" – 4:09
  11. "Adventures in Solitude" – 4:14
  12. "The Spirit of Giving" (Bejar) – 4:00
  13. "Silent Systems" (Japanese release)
  14. "Fortune" (Japanese release)

Edición en vinilo[editar | editar a fonte]

A edición en vinilo adjusta as cancións lixeiramente, cambiando a posición de dous temas polo que "Unguided" pecha a cara 1 e "Failsafe" abre a cara 2.

Cara 1[editar | editar a fonte]

  1. "My Rights Versus Yours" – 4:14
  2. "All the Old Showstoppers" – 4:07
  3. "Challengers" – 3:29
  4. "Myriad Harbour" (Bejar) – 3:55
  5. "All the Things That Go to Make Heaven and Earth" – 3:06
  6. "Unguided" – 6:30

Cara 2[editar | editar a fonte]

  1. "Failsafe" – 2:36
  2. "Entering White Cecilia" (Bejar) – 3:26
  3. "Go Places" – 4:27
  4. "Mutiny, I Promise You" – 4:09
  5. "Adventures in Solitude" – 4:14
  6. "The Spirit of Giving" (Bejar) – 4:00

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pitchfork (ed.). "Carl Newman Reveals New Pornographers LP Details". Archived from the original on 01 de maio de 2007. Consultado o 9 de maio de 2017. 
  2. Pitchfork (ed.). "New Pornographers Reveal Challengers Tracklist". Archived from the original on 04 de xuño de 2007. Consultado o 9 de maio de 2017. 
  3. Pitchfork (ed.). "New Pornographers Trick Out LP, Announce Fall Tour". Archived from the original on 13 de xuño de 2007. Consultado o 9 de maio de 2017. 
  4. Billboard (ed.). "'High School Musical 2' Hangs On Atop Billboard 200". Consultado o 9 de maio de 2017.