Tlapitzalli
Tlapitzalli | |
---|---|
![]() Frauta de auga ou tlapitzalli do Salvador | |
Información | |
Clasificación | Instrumento de vento |
Tesitura | [Depende do modelo e tamaño do tlapitzalli] |
Instrumentos relacionados | Ocarina, frautas mesoamericanas |
Un tlapitzalli é un instrumento musical de vento coñecido polas culturas de Mesoamérica (inclúe partes de México, Guatemala, Belize etc.), particularmente os aztecas. Adoita ter forma de frauta, pero tamén poden ser máis anchas como as ocarinas.[1]
Está feito xeralmente de barro ou madeira, decorado con motivos naturais ou debuxos de divindades aztecas. Os tlapitzalli poderían dividirse en compartimentos, xa que se atopou un tlapitzalli con até catro cámaras. Ademais, "tlapitzalli" era unha forma de chamar ao caracol que se usaba como corneta nas cerimonias e batallas mexicas.
Hoxe segue usándose no Estado de México.
Uso[editar | editar a fonte]
O tlapitzalli era un instrumento común nas orquestras mexicas, ademais de ser usado para sinalar o inicio dunha batalla.[Cómpre referencia]
Notas
- ↑ Horcasitas, Fernando (2004). Teatro náhuatl: época novohispana y moderna. México: Universidad Nacional Autónoma de México. p. 164. ISBN 970-32-0878-9. Consultado o 27 de septiembre de 2012.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tlapitzalli |
- Instrumento de vento
- Instrumento de vento-madeira
- Instrumento de vento-metal
- Música de México
- Ocarina
- Tzililitli
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
https://web.archive.org/web/20160622181427/http://www.tlapitzalli.com/rvelaz.geo/spanish.html