Titan II GLV

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lanzamento de Gemini 8.

O Titan II GLV foi un foguete espacial tripulado dos Estados Unidos usados no programa Gemini entre 1964 e 1966.[1][2]

Características[editar | editar a fonte]

Os Titan II GLV eran mísiles Titan II modificados como lanzadores orbitais para as cápsulas tripuladas do programa Gemini. As principais modificacións eran as relativas á redundancia de sistemas e á detección de problemas durante o lanzamento. Tódolos doce Titan II GLV lanzados funcionaron sen problemas e puxeron en órbita ás súas respectivas cápsulas Gemini tripuladas, co primeiro engalando o 8 de abril de 1964 e o último o 11 de novembro de 1966.[1][2]

Cada foguete podía poñer ata 3600 kg de carga en órbitas de 300 km de altura, tiñan un pulo de 2090 kN e unha masa total, incluíndo, propelente, de 150.530 kg. Medían 32,8 m de altura e 3,05 m de diámetro.[1][2]

Historial de lanzamentos[editar | editar a fonte]

Misión[1][2] Data de lanzamento[1][2] Foguete lanzador[1][2] Notas[1][2]
Gemini 1 8 de abril de 1964 Titan II GLV Éxito
Gemini 2 19 de xaneiro de 1965 Titan II GLV Éxito
Gemini 3 23 de marzo de 1965 Titan II GLV Éxito
Gemini 4 3 de xuño de 1965 Titan II GLV Éxito
Gemini 5 21 de agosto de 1965 Titan II GLV Éxito
Gemini 7 4 de decembro de 1965 Titan II GLV Éxito
Gemini 6A 15 de decembro de 1965 Titan II GLV Éxito
Gemini 8 16 de marzo de 1966 Titan II GLV Éxito
Gemini 9A 3 de xuño de 1966 Titan II GLV Éxito
Gemini 10 18 de xullo de 1966 Titan II GLV Éxito
Gemini 11 12 de setembro de 1966 Titan II GLV Éxito
Gemini 12 11 de novembro de 1966 Titan II GLV Éxito

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Mark Wade (2022). "Titan II GLV" (en inglés). Consultado o 14 de febreiro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Titan-2-GLV" (en inglés). Consultado o 14 de febreiro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]