Titan IIIC

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Titan 23C»)
Un Titan IIIC engalando.

Titan IIIC, coñecido tamén como Titan 3C, foi unha serie de dous foguetes espaciais dos Estados Unidos usados entre 1965 e 1982.[1][2][3]

Características[editar | editar a fonte]

Os Titan IIIC eran foguetes Titan IIIA modificados con foguetes aceleradores laterais. Inicialmente foron deseñados tamén para voos tripulados usando o avión espacial Dynasoar que nunca chegaría a ser lanzado. Ademais da versión básica usouse unha versión denominada Titan 23C de maior capacidade. Eran capaces de poñer en órbita baixa terrestre cargas de máis de 13 toneladas.[1][2][3]

Lanzáronse 36 foguetes Titan IIIC en total, con tres fallos totais e tres fallos parciais.[1][2][3]

Historial de lanzamentos[editar | editar a fonte]

Misión[1][2][3] Data de lanzamento[1][2][3] Foguete lanzador[1][2][3] Notas[1][2][3]
Transtage 5 18 de xuño de 1965 Titan-3C Éxito
LCS 2 / OV2 1 15 de outubro de 1965 Titan-3C Fallo
LES 3 / LES 4 / OV2 3 / OSCAR 4 21 de decembro de 1965 Titan-3C Fallo parcial
IDCSP 1 a 7 / GGTS 1 16 de xuño de 1966 Titan-3C Éxito
IDCSP 8 a 14 26 de agosto de 1966 Titan-3C Fallo
OV4 3 / OV4 1R / OV4 1T / OV1 6 / Gemini B 3 de novembro de 1966 Titan-3C Éxito
IDCSP 8 a IDCSP 15 18 de xaneiro de 1967 Titan-3C Éxito
Vela 7 / Vela 8 / ORS 4 / OV5 1 / OV5 3 28 de abril de 1967 Titan-3C Éxito
IDCSP 16 a 19 / LES 5 / DODGE 1 de xullo de 1967 Titan-3C Éxito
IDCSP 19 a IDCSP 26 13 de xuño de 1968 Titan-3C Éxito
LES 6 / OV2 5 / OV5 2 / OV5 4 26 de setembro de 1968 Titan-3C Éxito
TacSat 1 9 de febreiro de 1969 Titan-3C Éxito
Vela 9 / Vela 10 / OV5 5 / OV5 6 / OV5 9 23 de maio de 1969 Titan-3C Éxito
Vela 11 / Vela 12 8 de abril de 1970 Titan-3C Éxito
DSP 1 6 de novembro de 1970 Titan 23C Fallo parcial
DSP 2 5 de maio de 1971 Titan 23C Éxito
DSCS-2 1 e 2 3 de novembro de 1971 Titan 23C Éxito
DSP 3 1 de marzo de 1972 Titan 23C Éxito
DSP 4 12 de xuño de 1973 Titan 23C Éxito
DSCS-2 3 e 4 13 de decembro de 1973 Titan 23C Éxito
ATS 6 30 de maio de 1974 Titan 23C Éxito
DSCS-2 5 e 6 20 de maio de 1975 Titan 23C Fallo parcial
DSP 5 14 de decembro de 1975 Titan 23C Éxito
LES 8 / LES 9 / Solrad 11A / Solrad 11B 15 de marzo de 1976 Titan 23C Éxito
DSP 6 26 de xuño de 1976 Titan 23C Éxito
DSP 7 6 de febreiro de 1977 Titan 23C Éxito
DSCS-2 7 e 8 12 de maio de 1977 Titan 23C Éxito
DSCS-2 9 e 10 25 de marzo de 1978 Titan 23C Fallo
Chalet 8 (Vortex 8) 10 de xuño de 1978 Titan 23C Éxito
DSCS-2 11 e 12 14 de decembro de 1978 Titan 23C Éxito
DSP 8 10 de xuño de 1979 Titan 23C Éxito
Vortex 9 1 de outubro de 1979 Titan 23C Éxito
DSCS-2 13 e 14 21 de novembro de 1979 Titan 23C Éxito
DSP 9 16 de marzo de 1981 Titan 23C Éxito
Vortex 10 31 de outubro de 1981 Titan 23C Éxito
DSP 10 6 de marzo de 1982 Titan 23C Éxito

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Mark Wade (2022). "Titan IIIC" (en inglés). Consultado o 15 de febreiro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Titan-3C" (en inglés). Consultado o 15 de febreiro de 2022. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Titan-3(23)C" (en inglés). Consultado o 14 de febreiro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]