Timothy Kopra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Timothy Kopra
T. Kopra.jpg e TimotyKorpav2.jpg
Datos persoais
Nacemento9 de abril de 1963
LugarAustin
Actividade
MisiónsExpedição 20, STS-128, STS-127, Soiuz TMA-19M, Expedição 46 e Expedição 47
Tempo no espazo244,04 días
PremiosEstrela de Bronze, Medalla do Aire, Medalla "Por Méritos na Exploración do Espazo" e Medalha de Serviço Distinto da NASA
editar datos en Wikidata ]

Timothy Lennart "Tim" Kopra, nado en Austin, Texas, o 9 de abril de 1963, é un astronauta estadounidense que formou partes da misións STS-128, STS-127 e Soiuz TMA-19M e foi membro das expedicións 20, 46 e 47 á Estación Espacial Internacional.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Kopra graduouse en ciencias pola Academia Militar de West Point, en Nova York, en 1985. É máster en enxeñería aeroespacial polo Instituto Tecnolóxico de Georgia en 1995 e máster en estudos estratéxicos pola Facultade de Guerra da Armada dos Estados Unidos en 2006. Tamén é máster en administración de empresas pola Universidade de Columbia e a Escola de Negocios de Londres en 2013.[1][2]

Foi seleccionado como astronauta pola NASA en xullo de 2000, participando nas misións STS-128, STS-127 e Soiuz TMA-19M e sendo membro das expedicións Expedición 20, Expedición 46 e Expedición 47 á Estación Espacial Internacional e pasando un total de 244,04 días no espazo.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "Kopra, Timothy Lennart" (en inglés). Consultado o 15 de agosto de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (4 de agosto de 2017). "Timothy L. Kopra (Colonel, U.S. Army, Ret.) NASA Astronaut" (en inglés). Consultado o 15 de agosto de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]