Saltar ao contido

Tidal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tidal
Álbum de Fiona Apple
Publicado23 de xullo de 1996
Gravación1995 - 1996
Estudio(s)Sony Music Studios, Ocean Way Recorders e 4th Street Recording, Os Ánxeles
Duración51:29
Xénero(s)rock alternativo, baroque pop, pop alternativo, jazz fusion, piano rock
Selo(s)Clean Slate, Work, Columbia
ProdutorAndrew Slater
Cronoloxía
- Tidal When the Pawn...
Na rede
Spotify: 6RcmvHJMgESKenniw70gut Discogs: 88829 Allmusic: mw0000185578 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Tidal é o álbum de estrea da artista estadounidense Fiona Apple, publicado o día 23 de xullo de 1996 a través dos selos Work Records e Columbia Records. O disco acadou o número 15 da lista estadounidense Billboard 200 e cara outubro do 2005 vendera 2,7 millóns de copias só nos Estados Unidos segundo Nielsen SoundScan[1]. Foi certificado ouro pola RIAA en decembro do ano 1996, platino en xullo de 1997, dúas veces platino o seguinte outubro e tres veces en abril de 1999.

De Tidal editáronse seis sinxelos: "Shadowboxer", "Slow Like Honey", "Sleep to Dream", "The First Taste", "Criminal" e "Never Is a Promise". "Criminal", o máis popular de todos, gañou en 1998 o Grammy á mellor interpretación vocal de rock feminina e foi elixido sinxelo do ano na enquisa aos lectores da Rolling Stone do ano 1997. O vídeo musical para "The First Taste" nunca chegou a ser emitido nos Estados Unidos.

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por Fiona Apple

N.º Título Duración
1. "Sleep to Dream"   4:08
2. "Sullen Girl"   3:54
3. "Shadowboxer"   5:24
4. "Criminal"   5:41
5. "Slow Like Honey"   5:56
6. "The First Taste"   4:47
7. "Never Is a Promise"   5:54
8. "The Child Is Gone"   4:14
9. "Pale September"   5:50
10. "Carrion"   5:43
51:31
  1. "nbcnews.com - Loyal fans helped free Fiona Apple’s CD". Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2012. Consultado o 28 de decembro de 2012.