Thomas Morgenstern

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Thomas Morgenstern
Thomas Morgenstern Interview.jpg
Nacemento30 de outubro de 1986
Lugar de nacementoSpittal an der Drau
NacionalidadeAustria
Ocupaciónsaltador de esquí
PremiosGrand Decoration of Honour for Services to the Republic of Austria e Holmenkollen Medal
Na rede
http://www.thomasmorgenstern.com/
IMDB: nm4150212 Twitter: MorgensternT Olympic.org: thomas-morgenstern Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Thomas Morgenstern na gala dos deportistas austríacos do ano 2008

Thomas Morgenstern, nado o 30 de outubro de 1986 en Spittal an der Drau, é un saltador de esquí austríaco.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fixo o seu debut internacional no Torneo dos Castro Trampolíns na tempada 2002/2003, rematou 9º en Oberstdorf, 25º en Garmisch-Partenkirchen, 9º en Innsbruck e 6º en Bischofshofen. Cinco días despois do remate o torneo, gañou a súa primeira competición na Copa do Mundo en Liberec, Chequia.

Na tempada 2003/4 foi segundo logo de Sigurd Pettersen durante case todo o Torneo dos Catro Trampolíns, rematando finalmente en cuarta praza.

Morgenstern logrou tres medallas de ouro por equipos nos Campionatos de Esquí Nórdico, dúas de 2005 e unha de 2007, nese ano gañou tamén unha medalla individual, en trampolín curto.

Nas Olimpiadas de Inverno de 2006 gañou dous ouros, en trampolín grande individual e por equipos. Gañou as primeiras seis competicións da Copa do Mundo de 2007/2008, igualando o récord de Janne Ahonen e Matti Hautamäki e gañando a Copa finalmente, conseguiu unha medalla de ouro por equipos nos Campionatos do Mundo de Salto de Esquí de 2008 en Oberstdorf.