Thomas Lincoln Casey Jr.

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaThomas Lincoln Casey Jr.

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de febreiro de 1857
West Point, Nova York
Morte6 de febreiro de 1925
Washington, D.C.
Datos persoais
País de nacionalidadeestadounidense
EducaciónAcademia Militar dos Estados Unidos
Actividade
Campo de traballoEntomoloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónenxeñeiro militar, entomólogo, astrónomo
EmpregadorExército dos Estados Unidos de América
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaCasey Editar o valor em Wikidata
Familia
PaisThomas Lincoln Casey  e Emma Casey (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Casey-1359

Thomas Lincoln Casey Jr., nado o 19 de febreiro de 1857 en West Point, Estado de Nova York, e finado o 6 de febreiro de 1925 en Washington, D.C., foi un enxeñeiro militar do exército dos Estados Unidos de América, e un entomólogo que destacou polos seus traballos sobre os coleópteros.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Thomas Lincoln Casey Jr. foi o fillo máis vello do xeneral de brigada Thomas Lincoln Casey (1831–1896), que exerceu como xefe de enxeñeiros do Corpo de enxeñeiros do exército dos Estados Unidos e supervisou a conclusión do monumento a Washington.

Casey seguiu os pasos do seu pai e estudou na Academia Militar dos Estados Unidos en West Point.
Ingresou na Academia en 1875 e graduouse como segundo na súa clase en 1879, cando recibiu o cargo de segundo tenente do Corpo de Enxeñeiros.[1]

Foi ascendido a primeiro tenente en xuño de 1881, e a capitán en xullo de 1888. A partir de 1895 foi destinado á construción de fortificacións en Fort Monroe e na área de Hampton Roads en Virxinia. En xullo de 1898 ascendeu a maior, e supervisou a instalación de minas subacuáticas para defender Hampton Roads durante a Guerra hispano-estadounidense.

Despois da guerra serviu en Vicksburg, Mississippi de 1899 a 1901, e estivo á fronte das melloras do río Mississippi en St. Louis, Missouri, de 1901 a 1906.

En 1906 foi ascendido a tenente coronel e, en 1909, a coronel, e asignado como enxeñeiro secretario da Lighthouse Board até 1910. Casey retirouse do exército o 1 de novembro de 1912.[2]

Obra científica[editar | editar a fonte]

Casey publicou numerosos artigos científicos sobre os coleópteros, e unha monografía, Memoirs on the Coleoptera (1910-1924).[3]

Ademais, en malacoloxía, publicou, en 1904, "Notes on the Pleurotomidae with description of some new genera and species". Transactions of the Academy of Science of St. Louis 14 (5): 123-170, traballo no que describiu, entre outros taxons, a superfamilia de moluscos gasterópodos dos murquisoneloideos.

As súas coleccións atópanse no Museo Nacional de Historia Natural de Washington, D.C.

Tamén é coñecido polas súas achegas á astronomía.[4]

Abreviatura[editar | editar a fonte]

A abreviatura Casey emprégase para recoñecer a Thomas Lincoln Casey Jr. como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. United States Army Corps of Engineers-Thomas Lincoln Casey, Jr.
  2. George Washington Cullum (1920): Biographical register of the officers and Graduates U.S. Military Academy.
  3. Brett Ratcliffe (2007): Scarab workers Lincoln: University of Nebraska.
  4. R. G. Aitken (1925): Thomas Lincoln Casey (1857-1925) en Publications of the Astronomical Society of the Pacific 37 (219): 265.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]