Saltar ao contido

This Is England

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

This Is England
 Título
   This Is England (en) Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Características
 Cor
 Formato de distribución
 Ambientado en
 Época ambientación
 Lingua orixinal
Implicados
 Produtor/a
 Produtor/a executivo
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
Datas
 Data de publicación
17 de agosto de 2007 (Suecia)
27 de abril de 2007 (Reino Unido, Irlanda)
25 de xullo de 2007 (Estados Unidos)
12 de setembro de 2006 (2006 Toronto International Film Festival (en) Traducir) Editar o valor en Wikidata
Historia
 Participou en
 Premios e distincións
Cifras e dimensións
 Custo
   1.500.000 £ Editar o valor en Wikidata
 Recadación
5.000.000 £
8.481.254 $
329.379 $
3.144.754 $ Editar o valor en Wikidata
 Duración
   100 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
ISAN0000-0001-EB2E-0000-Y-0000-0000-9 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0280061 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Puntuación da crítica
86/100 Metacritic (23 de marzo de 2024)
7.7/10 Rotten Tomatoes (6 de outubro de 2021)
93% Rotten Tomatoes (6 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt0480025 Filmaffinity: 610190 Allocine: 120682 Rottentomatoes: m/this_is_england Mojo: thisisengland Allmovie: v358990 TCM: 644048 Metacritic: movie/this-is-england TV.com: movies/this-is-england Netlix: 70061577 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

This Is England é un filme inglés escrito e dirixido por Shane Meadows que se estreou no 2006. É un exemplo de cinema independente e social inglés, que mostra o movemento skinhead desde un punto de vista antirracista.

Argumento

[editar | editar a fonte]

O argumento está ambientado na Inglaterra dos anos oitenta, na época da Guerra das Malvinas, onde un rapaz de 12 anos chamado Shaun (Thomas Turgoose), perde o seu pai na guerra e múdase de cidade.

A vida a Shaun na nova cidade non lle agrada moito, xa que sempre lea cos compañeiros de clase que se mofan do seu aspecto e do seu defunto pai. Un día, Shaun coñece a unha banda de mozos skinhead encabezada por Woody. Os membros, ao velo tan abatido, deciden animalo e adóptano na súa banda. A partir dese momento, o cativo participa nas esmorgas dos mozos. Entón Shaun decide converterse nun skinhead coma eles.

Semanas despois aparece Combo, un antigo membro da banda, que logo de tres anos no cárcere se presenta con ideas nacionalistas racistas, e a partir de aí, divídense entre os membros que teñen ideais antirracistas e os que seguen as ideas de Combo. Shaun, convencido polas palabras de Combo, que se aproveita da tristeza que este sofre pola morte do seu pai nas Malvinas, decide ficar ao lado do novo líder para "loitar polo orgullo de seu pai", mais co tempo darase conta do erro cometido.

Nunha noite, Combo, despois de fumar porros que lle mercara a Milky (o único negro do grupo) canda el, Shaun e outros máis; comeza a golpealo con rabia até deixalo inconsciente, aínda que ao final lle entra o remorso e o leva ao hospital coa axuda dos outros.

Na fin da película Shaun tira a bandeira da cruz de San Xurxo ao mar.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]