Theodor von Reding

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Theodor von Reding
Theodor Reding von Biberegg.jpg
Nome completoTheodor Reding von Biberegg
Nacemento5 de xullo de 1755
Lugar de nacementoSchwyz
Falecemento23 de abril de 1809
Lugar de falecementoTarragona
NacionalidadeSuíza e España
Ocupaciónmilitar
IrmánsAlois von Reding
editar datos en Wikidata ]

Theodor von Reding von Biberegg, nado o 3 de xullo de 1755 en Schwyz e finado o 23 de abril de 1809[1] en Tarragona, foi un militar e xeneral suízo que participou na Guerra da Independencia ao servizo do exército español. Seu pai, Teodoro Antonio Reding, tiña en propiedade un rexemento en España, o Vello Reding. Os seus dous irmáns pequenos Aloysio e Nazario tamén serviron a España coincidindo os tres nalgunhas batallas[2].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O 22 de outubro de 1772 ingresou, con só 16 anos, no exército como capitán[3] do Rexemento suízo de Reding ao servizo de Carlos IV. Destacou en campañas como as de Menorca (1781-1782), os Pireneos (1793-1795) ou Portugal (1801).

O 21 de abril de 1806 é nomeado, por Carlos IV gobernador de Málaga[1], e como tal preside a Xunta de Málaga. Despois foi nomeado Xeneral en Xefe das tropas do reino de Granada e posteriormente Comandante Xeneral da 1ª División do Exército de Andalucía. Baixo o mando do xeneral Castaños foi o principal artífice en xullo de 1808 como tenente xeneral da derrota do xeneral francés Dupont na batalla de Bailén. Rompeu á cabeza do Rexemento suízo a idea da invencibilidade dos exércitos franceses napoleónicos.

Trala batalla de Bailén, foi enviado a Cataluña como Gobernador de Tarragona e Capitán Xeneral do Principado. Combatería contra as tropas napoleónicas do xeneral Saint-Cyr.

Ambos xenerais enfrontaríanse durante o Sitio de Rosas desde o 6 de novembro até o 5 de decembro de 1808; na batalla de Llinars o 16 e na batalla de Molins de Rei o 21 de decembro de 1808. Durante a batalla de Valls, o 25 de febreiro de 1809, Theodor von Reding recibiu un golpe cun sabre no seu brazo esquerdo, retirándose co resto das súas tropas para Tarragona. Saint-Cyr iniciou un asedio sobre a cidade, chegando a ofrecer a Reding o inicio de conversas con vistas a unha capitulación, mais este rexeitou.

Mentres Theodor von Reding elaboraba novos planos para organizar as súas tropas, caeu enfermo de febres en marzo de 1809. O 23 de abril de 1809 faleceu a consecuencias desas febres provocadas na batalla.

Foi enterrado na catedral de Tarragona, sendo exhumados os seus restos e trasladados para a primeira sepuntura do cemiterio de Tarragona.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Artífices de la Victoria". turismobailen.es. Arquivado dende o orixinal o 21-06-2017. Consultado o 01-10-2017. 
  2. "El general suizo que venció a las tropas de Napoleón". laopiniondemalaga.es. Consultado o 01-10-2017. 
  3. "Reding de Biberegg Freüler, Teodoro (1755-1809)". mcnbiografias.com. Consultado o 01-10-2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]