The Wrens
The Wrens | |
---|---|
Orixe | Nova Jersey, |
Período | 1989 - 2021 |
Xénero(s) | indie rock, rock alternativo |
Selo(s) discográfico(s) | Sub Pop, Grass Records, Saddle Creek, Ten 23, No Karma, Absolutely Kosher Records, LO-MAX Records, BB*Island |
Membros | Charles Bissell Greg Whelan Kevin Whelan Jerry MacDonald |
Na rede | |
wrens.com | |
The Wrens foi unha banda estadounidense de indie rock procedente de Nova Jersey. O grupo estaba composto por Charles Bissell (guitarra/voces), brothers Greg Whelan (guitarra/voces), Kevin Whelan (baixo/voces), e Jerry MacDonald (batería). A banda publicou tres álbums de estudio, e un cuarto foi gravado e masterizado para ser lanzado en 2013, pero foi despois retirado.[1] Despois de reelaborar as súas achegas, Bissell dixo que o novo álbum aparecería en 2021,[2] pero a banda separouse pouco despois tras desacordos sobre cuestións económicas.[1]
O grupo tiña unha reputación polos seus intensos concertos. Tras unha actuación no University of London Union en marzo de 2006, The Guardian declarou que "nesta forma, The Wrens son seguramente unha das mellores bandas en directo do mundo".[3]
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Silver | 1994 | Grass Records |
Secaucus | 1996 | Grass Records |
The Meadowlands | 2003 | Absolutely Kosher Records |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "The 18-Year Wait for New Wrens Music Is Over. Sort Of". The New York Times. Consultado o 22 de decembro de 2024.
- ↑ "An Update On The Most Delayed Indie Album In History From The Wrens". UPROXX (en inglés). 2021-01-21. Consultado o 2024-12-22.
- ↑ Hann, Michael (2006-03-09). "The Wrens". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2024-12-22.