Saddle Creek Records
Saddle Creek Records | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Tipo | selo discográfico ![]() | ||
Personalidades | |||
Fundador/a | Conor Oberst ![]() | ||
Data | |||
Fundación | 1993 ![]() | ||
Localización | |||
País | Estados Unidos de América ![]() | ||
Sede | Omaha ![]() | ||
Contacto | |||
Páxina WEB | saddle-creek.com ![]() | ||
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | ||
[ Wikidata ] |
Saddle Creek Records é un selo discográfico estadounidense baseado en Omaha, Nebrasca. Comezou como un proxecto sobre o espírito empresarial nunha clase da universidade, e foi fundado por Mike Mogis e Justin Oberst en 1993 (como Lumberjack Records). Ao pouco tempo Mogis deixou o seu lugar na empresa a Robb Nansel. O selo chamouse así pola Saddle Creek Road, unha rúa que atravesa a parte leste do centro da cidade de Omaha. Nos seus inicios contou con Conor Oberst (entón artista en solitario e na actualidade en Bright Eyes, Conor Oberst and the Mystic Valley Band e Monsters of Folk) e Tim Kasher (naquel momento en Dowdown Virginia e agora en Cursive e The Good Life), entre outros. Colectivamente, foron coñecidos como "Creekers". A primeira aparición de Saddle Creek foi no flyer dun concerto, ofrecendo "pasar unha tarde con Saddle Creek" (posteriormente ese sería o título dun DVD do selo, Spend an evening with Saddle Creek). A súa distribución corre a acargo da Alternative Distribution Alliance, que é parte do Warner Music Group.