The Ventures
| The Ventures | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||
The Ventures son unha banda estadounidense de rock instrumental formada en 1958 en Tacoma, Washington. Fundada por Don Wilson e Bob Bogle, nas súas distintas encarnacións o grupo tivo un impacto duradeiro no desenvolvemento da música en todo o mundo. Con ao redor de 100 millóns de discos vendidos, é a banda instrumental con máis vendas de todos os tempos. No ano 2008 The Ventures foron introducidos no Salón da Fama do Rock.
O seu virtuosismo instrumental, experimentación e efectos de guitarra, e son único sentaron as bases para innumerables grupos, gañándose o alcume de "The Band that Launched a Thousand Bands" (en galego, a banda que lanzou a un mulleiro de bandas). Mentres que a súa popularidade nos Estados Unidos diminuíu nos anos 70, o grupo segue sendo venerado no Xapón, onde aínda realiza xiras con regularidade na actualidade.