The Undertaker

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
The Undertaker
Undertaker with Fire.jpg
Nacemento24 de marzo de 1965
Lugar de nacementoHouston
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterCalifornia State University, Long Beach, Waltrip High School e Texas Wesleyan University
Ocupaciónloitador profesional
CónxuxeMichelle McCool
PremiosWrestling Observer Newsletter Hall of Fame
Na rede
IMDB: nm0130587 TV.com: people/mark-calaway
Facebook: undertaker Twitter: undertaker Instagram: undertaker Musicbrainz: 71c4fe4f-be68-406f-9fb4-8f5ea6472f8a Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
The Undertaker en 2008

Mark William Calaway, nado o 24 de marzo de 1965 en Houston,[1] é un loitador profesional estadounidense, máis coñecido por The Undertaker, loita no programa SmackDown do World Wrestling Entertainment. É medio irmán de Glen Jacobs co que forma ocasionalmente o equipo Brothers of Destruction.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Calaway comezou a súa carreira en 1984 na World Class Championship Wrestling. Entrou no World Championship Wrestling en 1989 baixo o nome de "Mean" Mark Callous in 1989. Cando a WCW non renovou o seu contrato en 1990, pasou en novembro á World Wrestling Federation (desde 2002 World Wrestling Entertainment) xa co nome de The Undertaker, actualmente é un dos loitadores da WWE máis veteranos, amais é xunto con Shawn Michaels, o único loitador contratado desde a primeira edición de Raw, transmitida o 11 de xaneiro de 1993.

The Undertaker utiliza nos seus combates dúas personalidades ben contrastadas, Deadman e American Bad Ass. Gañou o campionato da WWE catro veces e o World Heavyweight Championship dúas. Tamén gañou o Royal Rumble de 2007 e está invatido en WrestleMania con 17 vitorias e ningunha derrota.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Texas Births 1926–1995". "Family Tree Legends".