Glen Jacobs

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Glen Jacobs
Kane April 2014.jpg
Nome completoGlenn Thomas Jacobs
Nacemento26 de abril de 1967
 Torrejón de Ardoz
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterTruman State University
Ocupaciónloitador profesional, actor, mestre, actor de cinema, corretor de seguros, político e baloncestista
editar datos en Wikidata ]
Kane Rosemont IL 031108.jpg

Glen Thomas Jacobs (nado o 26 de abril de 1967), máis coñecido por Kane, é un loitador profesional e actor. Traballa actualmente na World Wrestling Entertainment na súa marca RAW. É medio irmán de Mark Calaway.

Jacobs foi 2 veces Campión Mundial: 1 vez campión da WWE e outra da ECW. Tamén destacan os seus reinados como Campión Hardcore, dous como Campión Intercontinental e 9 como Campión Mundial en Parellas.

Carreira[editar | editar a fonte]

Inicios[editar | editar a fonte]

Jacobs comezou a súa carreira como loitador profesional en 1992. Primeiro foi coñecido como Angus King, ó debutar na zona de Saint Louis. Posteriormente trasladouse ó sur e comezou a loitar como The Christmas Creature e Doomsday, aparecendo na United Stated Wrestling Association. Tamén competiu en Xapón coa promoción Pro Wrestling Fujiwara Gumi baixo o seu nome real.

Smokey Mountain Wrestling[editar | editar a fonte]

Jacobs debutou na SMW utilizando o nome de Unabomb. O 7 de abril de 1995, Unabomb e Al Snow derrotaron a The Rock 'N Roll Express, gañando o Campionato en Parellas da empresa, o primeiro campionato na carreira de Jacobs.[1].

O 12 de agosto de 1995, Al Snow e Unabomb foron derrotados por Tracy Smothers & Dirty White Boy, perdendo os Campionatos de Parellas. Como resultado da derrota, Unabomb foi despedido de Smokey Mountain Wrestling.

Glen Jacobs firmou un contrato coa WWF días despois de deixar a SMW.

World Wrestling Federation/Entertainment[editar | editar a fonte]

1995-1996[editar | editar a fonte]

Jacobs fixo o seu debut na World Wrestling Federation (WWF) como "Dr. Isaac Yankem DDS", o dentista privado de "Jerry "the King" Lawler". Jacobs loitou varias veces contra Bret Hart; durante o seu primeiro combate en SummerSlam perdeu por descualificación.[2].

Participou como o falso Kevin Nash, cando Jim Ross o introduciu como o compañeiro do falso "Razor Ramon".

1997-1998[editar | editar a fonte]

O 5 de outubro de 1997 fixo o seu debut na WWF, baixo o nome de "Kane", no evento Bad Blood durante a loita Hell in a Cell na que estaban loitando Shawn Michaels e Mark Calaway. A súa aparición custoulle a derrota ó seu amigo "The Undertaker".[3]. Kane retou a Undertaker a unha loita, pero este rexeitouna. Despois de varios meses, interferiu novamente nun combate de Mark Calaway, prendéndolle lume dentro dun ataúde. Undertaker fixo a súa volta en WrestleMania XIV, onde derrotou a Kane.[4]. Esta serie de combates entre os dous culminou en Unforgiven nun Inferno Match, onde Undertaker novamente saíu victorioso.[5].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. [http://www.onlineworldofwrestling.com/profiles/k/kane.html En maio de 1995 Unabomb perdeu unha loita con Robert Gibson, e en agosto outra con Mark Calaway
  2. "Online World of Wrestling". Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2012. Consultado o 29 de xuño de 2012. 
  3. Online World of Wrestling
  4. XIV Pro Wrestling History
  5. pwwew.net