The Serpent (serie de televisión)
| The Serpent | |
|---|---|
|
Título
| |
|
Instancia de
| |
|
Xénero
| |
|
Lingua orixinal
| |
| Autoría | |
| Temática | |
|
Época ambientación
| |
| Publicación | |
|
País de orixe
| |
|
Compañía produtora
| |
|
Emisora orixinal
| |
|
Formato de distribución
| |
| Datas e cronoloxía | |
|
Data de comezo
| |
|
Data de remate
| |
| Dimensións | |
|
Número de episodios
| |
|
Número de tempadas
| |
| Fontes e ligazóns | |
| Wikidata |
The Serpent é unha serie de televisión británica desenvolvida por Mammoth Screen para BBC. É unha miniserie de oito episodios coproducida entre BBC One e Netflix. Está baseada nos crimes do asasino en serie Charles Sobhraj, que asasinou turistas en Asia entre 1975–2000. A serie está protagonizada por Tahar Rahim no papel de Sobhraj.
A serie foi rodada en localizacións en Tailandia ata que a pandemia de COVID-19 detivo a produción por cinco meses a partir de marzo de 2020. A rodaxe rematou en Hertfordshire, Inglaterra, durante agosto de 2020. Estreouse en BBC One o 1 de xaneiro de 2021, e os oito episodios estiveron dispoñibles inmediatamente en BBC iPlayer.[1][2] A serie comezou a emitirse en Netflix en abril de 2021.[3]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Ambientada a mediados da década de 1970, a serie conta a historia de Charles Sobhraj, un asasino en serie francés de ascendencia india e vietnamita, quen drogaba e roubaba a turistas, especialmente a mozos mochileiros que viaxaban a Bangkok, Tailandia, na coñecida como ruta hippie. Sobhraj rouba os pasaportes e as identidades das súas vítimas para viaxar polo mundo e vender as xemas roubadas xunto coa súa noiva Marie-Andrée Leclerc. Mentres Sobhraj comete os seus crimes, o diplomático neerlandés Herman Knippenberg comeza a investigar o asasinato dunha parella de turistas e descobre pistas que o levan cara a Sobhraj.[4]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Tahar Rahim como Charles Sobhraj
- Jenna Coleman como Marie-Andrée Leclerc
- Billy Howle como Herman Knippenberg
- Ellie Bamber as Angela Knippenberg (posteriormente Angela Kane)
- Amesh Edireweera como Ajay Chowdhury
- Tim McInnerny como Paul Siemons
- Chicha Amatayakul como Suda Romyen
- Sahajak Boonthanakit como Xeneral Janthisan
- İlker Kaleli como Vitali Hakim
- Adam Rothenberg como Gilbert Redland
- Mathilde Warnier como Nadine Gires
- Supadej "Kenneth" Wongwatanaphan como Yotin
- Ellie de Lange como Helena Dekker
- James Gerard como Jules Dupont
- Apasiri Kulthanan como Lawana
- William Brand como Embaixador van Dongen
- Chotika Sintuboonkul como Kannika
- Ryan O'Donnell como Greg Raynott
- Libby Jennings como Viola Raynott
- Raphael Roger Levy como Conde Michel-Andre Jurion
- Fabien Frankel como Dominique Renelleau
- Stacy Martin como Juliette Voclain
- Alice Englert como Teresa Knowlton
- Tim McMullan como Douglas Cartwright
- Nicole Beutler como Dagmar Boeder
- Johan Van Assche como Otto Boeder
- Surasak "Noo" Chaiyaat como Romyen
- Grégoire Isvarine como Remi Gires
- Ruby Ashbourne Serkis como Celia Austin
- Armand Rosbak como Willem Bloem
- Deepika Parajuli como Deusa Vivente "Kumari", Nepal
- Dasha Nekrasova como Connie-Jo Bronzich
- Thomas Ryckewaert como Jean Huygens
- Alyy Khan como Naranda Nath Tully
- Teerapat Sajakul como Tenente Coronel da Interpol Sompol Suthimai
- Pravesh Rana como Thapa, oficial de policía nepalés
- Darshan Jariwala como director do hotel
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "BBC One's The Serpent to premiere on New Year's Day". BBC Media Centre. 26 de novembro de 2020. Consultado o 9 de decembro de 2020.
- ↑ Sutton, Megan (26 de novembro de 2020). "The Serpent starring Jenna Coleman: What you need to know". Good Housekeeping. Consultado o 9 de decembro de 2020.
- ↑ Zemler, Emily (2 de abril de 2021). "The true story behind Netflix's newest crime drama was too bizarre for TV". Los Angeles Times. Arquivado dende o orixinal o 05 de abril de 2021. Consultado o 6 de abril de 2021.
- ↑ "'The Serpent' Analysis & Ending – Vanity Powerful Enough to Defeat Anything | DMT". Digital Mafia Talkies (en inglés). 16 de xaneiro de 2021. Consultado o 2 de abril de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)
- The Serpent na IMDb (en inglés).