The Revolution (xornal)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Páxina principal do xornal o 15 de xaneiro de 1868.

The Revolution foi un xornal creado polas activistas a prol dos dereitos das mulleres Susan B. Anthony e Elizabeth Cady Stanton na cidade de Nova York. Tivo unha peridicidade semanal entre o 8 de xaneiro de 1868 e o 17 de febreiro de 1872. Cun estilo combativo acorde co seu nome, centrouse principalmente nos dereitos da muller, especialmente o sufraxio feminino. Tamén abranguía outros temas, como a política, o momento dos traballadores e as finanzas. Anthony encargábase dos aspectos económicos do xornal mentres que Stanton era co-editora con Parker Pillsbury, unha abolicionista e activista dos dereitos das mulleres.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]