The Rev

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jimmy "The Rev" Sullivan
Nome completoJames Owen Sullivan
AliasThe Rev
Data nacemento9 de febreiro de 1981
Nado enHuntington Beach (California)
Falecemento28 de decembro de 2009
 Huntington Beach
CausaIntoxicación
SoterradoCalifornia
OcupaciónMúsico
XéneroHard Rock, Metal
Instrumento(s)batería, piano, voz, guitarra
Selo(s) discográfico(s)Good Life Recordings, Hopeless, Warner Bros. Records
Relacionado conAvenged Sevenfold,Pinkly SMooth
Na rede
http://www.avengedsevenfold.com
IMDB: nm3142969 Spotify: 10xevp8qbdc6Jq4sNK8XAO iTunes: 189297937 Musicbrainz: 717f3252-14e9-461a-9233-12e4f9c08df3 Discogs: 591871 Allmusic: mn0000365204 Find a Grave: 46102374 Deezer: 1221401 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

James Owen Sullivan, tamén coñecido como The Reverend Tholomew Plague (abreviado a The Rev), nado en Huntington Beach (California) o 9 de febreiro de 1981 e finado o 28 de decembro de 2009 na mesma cidade, foi un músico estadounidense, batería da banda Avenged Sevenfold.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Durante os seus estudos, coñeceu a M. Shadows nunha escola católica cando aínda eran cativos, da cal ambos foron expulsados. Cando chegou ao instituto tamén foi expulsado e enviado a un reformatorio, onde lle pasa o mesmo, e finalmente abandona e non remata os seus estudos. En 1999 é un dos fundadores da banda Avenged Sevenfold xunto a M. Shadows e Zacky Vengeance. Foi o que invitou a Synyster Gates a formar parte da banda, xa que estes fixéranse moi amigos tras coincidir nunha tenda de música.
Foi arrestado múltiples veces, a maíoria debido a pelexas. A súa parella sentimental chamábase Leana McFadden máis coñecida com Leana Silver.

O 28 de decembro de 2009, deron con el morto na súa casa de Huntington Beach. A morte segundo a autopsia foi por causas naturais, debido a inxestión de Oxicodona, Oximorfona(estas dúas últimas para combater a dor), diazepam (para a ansiedade) e etanol (adquírese por consumición de alcohol). Os efectos da mestura destas substancias unida á cardiomegalia que sufría o batería, o que significa que tiña o corazón máis grande do normal, provocou a súa morte. O pouco da súa morte a familia publica un comunicado para agradecer o apoio dos fans[1], e a banda publica tamén o seguinte comunicado[2]:

Con gran tristeza e pesar comunicamos hoxe o falecemento de Jimmy 'The Rev' Sullivan. Jimmy non só foi un dos mellores baterías do mundo, senón que aínda máis importante foi o noso mellor amigo e irmán. Os nosos pensamentos e oracións van cara a familia de Jimmy e esperamos que respetedes a súa privacidade durante este momento difícil.

“Jimmy estarás sempre nos nosos corazóns.”

Querémoste.
M Shadows, Synyster Gates, Zacky Vengeance y Johnny Christ

O 5 de xaneiro de 2010, celébrase un funeral privado ao que asistiron a familia, os membros da banda Avenged Sevenfold, e amigos doutras bandas coma Good Charlotte ou Lostprophets, e un día despois é enterrado nun cemiterio de Long Beach.

Carreira musical[editar | editar a fonte]

Ademais de tocar a batería, The Rev, tamén tocaba o piano, a guitarra e cantaba. Antes de ser batería de Avenged Sevenfold estivo nunha banda chamada Suburban Legends, e tamén era cantante dun proxecto paralelo chamado Pinkly Smooth. Pinkly Smooth é unha banda que formara xunto a Synyster Gates, nela utilizaba o nome artístico de "Rat Head", e en 2001 publicaron un álbum chamado "Unfortunate Snort".

As súas bandas preferidas eran Metallica, Guns N' Roses, Slayer, NOFX e Pantera.

En 2008 quedou na novena posición dos mellores baterías do mundo.

Despois da súa morte[editar | editar a fonte]

Trala perda, Avenged Sevenfold pensaron en abandonar, mais finalmente continuaron, primeiro Mike Portnoy foi o batería temporal da banda e cando este marchou, o seu lugar foi ocpuado por Arin Ilejay. O álbum Nightmare, o cal estaban gravando cando sucedeu a súa morte, é unha homenaxe da banda a The Rev, incluíndo cancións claramente adicadas a el coma "So Far Away". Ademais, durante a súa xira, a banda utiliza unha gravación das partes cantadas por el nas cancións que no seu momento cantou, deixando claro que non o olvidan.

Synyster Gates tatuouse no peito forever na súa honra, e M. Shadows un deathbat (caveira con ás de morcego, símbolo representativo da banda) especial na súa man dereita tamén na súa honra.

Tamén TWENTYFOURCORE productions fixo un vídeo como tributo[3], con imaxes del ao longo da súa vida, e entrevistas que foran gravadas para o DVD All Excess

Notas[editar | editar a fonte]