The Radio Dept.

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
The Radio Dept.
The Radio Dept. Universidade de Vigo 2008
OrixeLund, Suecia
Período1998 - presente
Xénero(s)dream pop, indie pop, shoegaze, low key dance pop, nu gaze
Selo(s) discográfico(s)Shelflife Records, Labrador Records
MembrosJohan Duncanson
Martin Larsson
Antigos membrosElin Almered
Lisa Carlberg
Per Blomgren
Kim Sjölander
Max Weiland
Le Bombe
Rugar
Daniel Tjäder
Anuar Adame
Na rede
theradiodept
Facebook: 157853324236640 Twitter: slottet Instagram: the_radio_dept MySpace: officialradiodept Bandcamp: theradiodept Last fm: The+Radio+Dept. Musicbrainz: e664d1cd-23ab-48d5-b8fa-e98485daa5be Songkick: 3617 Discogs: 238640 Allmusic: mn0000894930 Genius: The-radio-dept Editar o valor em Wikidata

The Radio Dept. son unha banda sueca recoñecida como influencia shoegaze e dream pop dentro da escena indie rock mundial na década do 2000, posicionando o seu primeiro e terceiro álbum ,"Lesser Matters" e "Clinging to a Scheme", entre o mellor valorado pola crítica anglosaxoa do xénero.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Elin Almered e Johan Duncanson comezaron a tocar xuntos na cidade de Lund, en Suecia, cara 1995, bautizando ao seu conxunto musical co mesmo nome dunha estación de gas en activo da cidade, Radioavdelningen. Almered e Duncanson rompen a banda pouco despois de atopar o nome para posteriormente recuperala tres anos despois integrando a Martin Larsson. A baixista Lisa Carlberg, o batería Per Blomgren e o teclista Daniel Tjader fóronse progresivamente incorporando ata chegar ao momento con maior número de integrantes da banda no 2001. Nese mesmo ano a banda envía unha demo á revista Sonic, trala súa publicación como CD de agasallo os suecos reciben unha oferta do selo multinacional Labrador; o debut da banda chegaría dous anos despois, a formato completo en dous CDs, o seu primeiro título "Lesser Matters", chegados a este punto, Blomgren rompe de forma amistosa coa banda. Ese álbum e un EP, que vería a luz en 2005, "Pulling Our Weight EP", captan a atención dos medios até o punto de ser contratados como banda sonora para o filme de Sofia Coppola Marie Antoinette, para o que foron elixidas as cancións "Keen on Boys," "Pulling Our Weight," e "I Don't Like It Like This."[2]

En setembro de 2018 a banda publica o single “Going Down Swinging” como crítica ao movemento racista popularizado no seu país no marco das eleccións lexislativas nese mesmo mes. [3]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Lesser Matters 2003 Labrador, Shelflife
Pet Grief 2006 Labrador
Clinging to a Scheme 2010 Labrador
Running Out of Love 2016 Labrador

EP[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Pulling Our Weight EP 2005 Labrador
This Past Week 2005 Labrador

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]