The Purge

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

The Purge
Ficha técnica
Título orixinalThe Purge
DirectorJames DeMonaco
ProdutorMichael Bay
Jason Blum
Andrew Form
Bradley Fuller
Sébastien Kurt Lemercier
GuiónJames DeMonaco
IntérpretesEthan Hawke
Lena Headey
MúsicaNathan Whitehead
EstudioPlatinum Dunes
Blumhouse Productions
DistribuidoraUniversal Pictures
Estrea2 de maio de 2013
Duración85 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroThriller, Terror
Orzamento$3 000 000[1]
Recadación$89 300 000
Filme seguinteThe Purge: Anarchy

The Purge é un filme estadounidense dirixido e escrito por James DeMonaco que foi estreado no 2013. Está protagonizado por Ethan Hawke e Lena Headey. O filme está ambientado no 2022, cando os Estados Unidos se converteron nunha "nación renacida", cos índices de desemprego e criminalidade máis baixos da historia, debido a que o goberno instituíu un período de 12 horas anual coñecido como "a Purga", durante o cal toda actividade criminal (incluíndo asasinatos, roubos, violacións etc.) son legais. As únicas regras durante a Purga son que os oficiais do goberno de clasificación "10 ou superior" teñen inmunidade e que non está permitido usar armas por riba da "Clase 4" (como bombas de destrución). A Purga está deseñada para actuar como unha catarse para o pobo americano, coa cal poder desfacerse de todas as cousas negativas que gardan durante o ano.

Argumento[editar | editar a fonte]

Ano 2022. Nunha futura sociedade distópica, o réxime político vixente, chamado Novos Pais Fundadores de América, decidiron como medida catárquica implantar a "purga anual", unha regra pola que unha noite de cada ano pódese cometer calquera crime, incluíndo asasinatos e violacións, sen ter que facer fronte ás consecuencias nin responder ante a xustiza. Así, cando as viciadas novas regras do mundo exterior ameacen a súa casa, os membros dunha familia acomodada verán a súa vida en perigo logo de deixar entrar na súa casa a un indixente que estaba a ser perseguido polos seus "cazadores".

Personaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Kaufman, Amy (6 de xuño de 2013). "Box office: Low-budget 'The Purge' expected to beat 'The Internship'". Los Angeles Times. Tribune Company. Consultado o 10 de xuño de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]