The Prettiots

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
The Prettiots
OrixeBrooklyn, Nova York, Flag of the United States.svg
Xénero(s)indie rock, rock alternativo
Selo(s) discográfico(s)Rough Trade Records
MembrosKay Kasperhauser
Lulu Landolfi
Antigos membrosRachel Trachtenburg
Páxina webtheprettiots.com

The Prettiots é unha banda de mulleres de rock alternativo procedente de Brooklyn, Nova York. O grupo está composto no presente por Kay Kasperhauser e Lulu Landolfi. Rachel Trachtenburg foi a súa batería brevemente.[1][2] Tras realizar cinco concertos no festival SXSW en 2015, a banda foi loubada polos críticos da NPR Bob Boilen e Robin Hilton e fichou por Rough Trade Records.[3][4][5]

O seu primeiro álbum, Funs Cool, foi publicado en 2016 con recensións positivas dos críticos, que eloxiaron a contundente honestidade das súas letras, o prominente uso do ukelele na súa música, e a súa inventiva na reinterpretación doutras cancións (The Misfits, Dolly Parton).[6][7] Varios críticos destacaron que The Prettiots subverten os tropos e expectativas "cursis" que acompañan a unha banda independente de mulleres con ukelele.[8][9]

O sinxelo "Suicide Hotline" foi especialmente eloxiado polo seu huumor sardónico e a súa honesta discusión sobre a saúde mental. Katie Presley de NPR escribiu que a canción "presenta asombrosas ideas entre harmonías doces e divertidas e rasgueos de ukelele xoguetóns".[10]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Funs Cool 2016 Rough Trade Records

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Girl band Prettiots looks to hit it big with help from social media". ABC7 New York (en inglés). 2014-11-13. Consultado o 2020-01-04. 
  2. "Lulu Landolfi | Biography, Albums, Streaming Links". AllMusic (en inglés). Consultado o 2020-01-04. 
  3. Coscarelli, Joe (2015-03-25). "SXSW Pays Off for the Prettiots". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2020-01-04. 
  4. "SXSW 2015 Wrap-Up: Our Favorite Discoveries And Memorable Moments". NPR.org (en inglés). Consultado o 2020-01-04. 
  5. Records, Rough Trade. "Rough Trade Records". Rough Trade Records. Consultado o 2020-01-04. 
  6. umituesday (2016-02-09). "Review: The Prettiots – Funs Cool". Indie is not a genre (en inglés). Consultado o 2020-01-04. 
  7. "The Prettiots: Funs Cool Review". pastemagazine.com (en inglés). 2016-01-29. Consultado o 2020-01-04. 
  8. "How the Prettiots Made a ‘Pretty Angsty’ Album for a Pretty Angsty Place | The Village Voice". www.villagevoice.com. Consultado o 2020-01-04. 
  9. Hann, Michael (2016-02-04). "The Prettiots: Funs Cool review – New York indiepop duo with darker depths". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2020-01-04. 
  10. "Song Premiere: The Prettiots, 'Suicide Hotline'". NPR.org (en inglés). Consultado o 2020-01-04. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]