Saltar ao contido

The New Abnormal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The New Abnormal
Álbum de The Strokes
Publicado10 de abril de 2020
Gravación2019
Estudio(s)Shangri-La (Malibu, California)
Duración45:07
Xénero(s)indie rock, new wave, post-punk, pop, electrónica
Selo(s)Cult Records, RCA Records
ProdutorRick Rubin
Cronoloxía
Future Present Past
(2016)
The New Abnormal -
Na rede
Spotify: 2xkZV2Hl1Omi8rk2D7t5lN Discogs: 1712601 Allmusic: mw0003357997 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

The New Abnormal é o sexto álbum de estudio da banda estadounidense de indie rock The Strokes, publicado o 10 de abril de 2020 a través dos selos Cult e RCA Records. Trátase do seu primeiro disco dende Comedown Machine (2013), foi producido por Rick Rubin e gravouse no seu estudio Shangri-La en Malibu, California, con gravacións adicionais realizadas en estudios do condado dos Ánxeles e Hawaii. The Strokes comezaron a interpretar temas do álbum a través do ano 2019 antes de revelar a listaxe de cancións do disco e a súa portada a principios de 2020. "At the Door", "Bad Decisions", e "Brooklyn Bridge to Chorus" publicáronse como sinxelos antes do lanzamento do álbum, con "The Adults Are Talking" sendo lanzado para a radio meses despois.

The New Abnormal tivo recensións moi positivas dos críticos, moitos dos cales considerárono un regreso aos bos tempos da banda. As loanzas dirixíronse particularmente cara a madurez das letras do vocalista Julian Casablancas, así como cara a maior cohesión musical da banda. O álbum chegou ao número 1 en Escocia[1] e ao top 10 noutros seis países, incluídos os Estados Unidos e o Reino Unido. Tamén gañou o premio Grammy ao mellor álbum de rock en 2021,[2] sendo o seu primeiro nomeamento e primeira vitoria.

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]

Todas as letras escritas por Julian Casablancas, toda a música composta por The Strokes, agás onde se indique.

N.º Título Duración
1. "The Adults Are Talking"   5:09
2. "Selfless"   3:42
3. "Brooklyn Bridge to Chorus"   3:55
4. "Bad Decisions" (The Strokes, Billy Idol, Tony James) 4:53
5. "Eternal Summer" (The Strokes, Richard Lofthouse Butler, Timothy George Butler) 6:15
6. "At the Door" (The Strokes, Paul Vassallo) 5:10
7. "Why Are Sundays So Depressing"   4:35
8. "Not the Same Anymore"   5:37
9. "Ode to the Mets"   5:51
45:07
  1. "Official Scottish Albums Chart Top 100". www.officialcharts.com (en inglés). Consultado o 2022-07-29. 
  2. "Grammys 2021: The Strokes win first-ever Grammy for The New Abnormal". Consequence (en inglés). 2021-03-14. Consultado o 2022-07-29.