Saltar ao contido

The Maze Runner (filme de 2014)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Maze Runner
John Paesano (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Logotipo
 Instancia de
 Título
The Maze Runner (en) Editar o valor en Wikidata
 Baseado en
 Inspirado na obra de
Características
 Cor
 Formato de distribución
 Lingua orixinal
Implicados
 Produtor/a
 Interpretado por
 Director/a
Wes Ball (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Deseñador/a produción
 Deseñador/a vestiario
 Compañía produtora
Datas
 Data de publicación
18 de setembro de 2014 (Hungría)
19 de setembro de 2014 (España, Estados Unidos de América, Canadá)
16 de outubro de 2014 (Alemaña)
2014 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Parte da serie
Cifras e dimensións
Duración113 min Editar o valor en Wikidata
Formato de imaxe2,39:1 Editar o valor en Wikidata
Custo34000000 $ Editar o valor en Wikidata
Recadación348319861 $ Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
VIAF309817493 Editar o valor en Wikidata
ISAN0000-0003-D63D-0000-M-0000-0000-8 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0vps58m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Puntuación da crítica
57/100 Metacritic (14 de xullo de 2025)
65% Rotten Tomatoes (2 de agosto de 2024)
5.9/10 Rotten Tomatoes (9 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt1790864 Filmaffinity: 127451 Allocine: 188550 Rottentomatoes: m/the_maze_runner Mojo: mazerunner Allmovie: am31158 TCM: 2000251 Metacritic: movie/the-maze-runner TV.com: movies/the-maze-runner
Facebook: MazeRunnerJP Twitter: mazerunnermovie Netlix: 70291089 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

The Maze Runner é un filme de ficción científica e de acción e misterio estadounidense baseado nun libro de 2009 do mesmo nome obra de James Dashner. Dirixido por Wes Ball e guión de Noah Oppenheim, o filme está protagonizado por Dylan O'Brien, Thomas Sangster, Kaya Scodelario, Will Poulter, Aml Ameen, Ki Hong Lee, e Blake Cooper.[1] Nos Estados Unidos e España a estra foi o 19 de setembro de 2014, aínda que noutros países, coma en Portugal, a estrea foi un día antes, o 18 de setembro de 2014.[2]

Thomas acorda dentro dun escuro ascensor en movemento, sen que lembre nin o seu nome. A súa memoria está completamente apagada. Mais non está só; cando a caixa metálica chega ao seu destino e as portas se abren, Thomas vese arrodeado por outros mozos que o acollen e lle presentan a Clareira, un espazo aberto cercado por muros xigantescos de formigón. Coma Thomas, ningún deles sabe como foi parar alí, nin por que. Só saben que todas as mañás as portas do labirinto que os cerca se abren, e, á noite, se fechan. E que a cada trinta días o ascensor sobe un novo rapaz. Aos dous días, Thomas lembra o seu nome. Porén, un feito altera de xeito radical a rutina do lugar - chega unha moza, a primeira enviada á Clareira, e aínda máis sorprende a mensaxe que trae consigo. Thomas será máis importante do que imaxina, mais para iso terá de descubrir os sombríos segredos gardados na súa mente e correr, correr moito polo labirinto para atoparen a saída.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
Kaya Scodelario e Dylan O'Brien nunha rolda de prensa do filme na San Diego Comic-Con International en xullo de 2014

Produción

[editar | editar a fonte]

A filmación ocorreu en Baton Rouge, Luisiana. Comezou o 13 de maio de 2013, e terminou oficialmente o 12 de xullo de 2013.

Posprodución

[editar | editar a fonte]

O filme foi orixinalmente programado para ser lanzado o 14 de febreiro de 2014[3], mais o 5 de outubro de 2013, anunciouse que se atrasaría para o 19 de setembro de 2014.[4]

Mercadotecnia

[editar | editar a fonte]

En xullo de 2013 foron lanzadas once cartas dos personaxes do filme. A partir de xaneiro de 2014, o director Wes Ball comezou a publicar unha imaxe do filme cada semana, até presentar o tráiler o 17 de marzo de 2014.[5]

Unha campaña de mercadotecnia viral comezou o 16 de abril de 2014 no site da WCKD chamado wckdisgood.com

O 26 de xuño de 2014, Dylan O'Brien twittou que o libro orixinal The Maze Runner será relanzado cunha nova capa, baseado no cartel do filme.

Despacho de billetes

[editar | editar a fonte]

O 21 de setembro de 2014, The Maze Runner recaudara 32.500.000 de dólares nos Estados Unidos e 49.000.000 no resto do mundo, cun total de 81.500.000 de $.

The Maze Runner recibiu críticas en xersal positivas, con eloxios ás actuacións do elenco, a trama intrigante, bos efectos visuais, e o ton escuro do filme.[6][7]

O 11 de outubro de 2013, foi relatado que a Fox adquiriu os dereitos para o segundo libro, The Scorch Trials. O guión será escrito por T.S. Nowlin, con supervisión de guión do director Wes Ball.[8]

  1. http://theartofken.com/viewblog.php?blogID=the-maze-runner-news-80
  2. "‘Teen Wolf’ star Dylan O’Brien to star in ‘The Maze Runner’ movie". hypable.com. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2014. Consultado o May 7, 2013.
  3. singersroom.com (ed.). "Jacob Latimore Lands New Movie Role in 'Maze Runner'". Consultado o 7 de maio de 2013.
  4. http://www.comingsoon.net/news/movienews.php?id=109817
  5. Zalben, Alex (17 de marzo de 2014). "'The Maze Runner': Watch The Full Trailer Now". mtv.com. Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2014. Consultado o 19 de marzo de 2014.
  6. "Review: 'The Maze Runner' perks up tired YA action formula". Consultado o 18 de setembro de 2014.
  7. "Review: 'Maze Runner' gives a strong young cast plenty of room to shine". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2014. Consultado o 18 de setembro de 2014.
  8. Chitwood, Adam (11 de outubro de 2013). "Fox Hires Writer to Start Work on MAZE RUNNER Sequel THE SCORCH TRIALS". Collider. Consultado o 11 de outubro de 2013.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]