The I.L.Y's

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
The I.L.Y's
OrixeSacramento, California,
Período2015 - presente
Xénero(s)rock experimental, garage rock, art punk
Selo(s) discográfico(s)Third Worlds, Castle Face Records
MembrosZach Hill
Andy Morin
Artistas relacionadosDeath Grips

The I.L.Y's é un dúo estadounidense de rock experimental procedente de Sacramento, California. O grupo formouse no ano 2015 como un proxecto paralelo dos membros de Death Grips Zach Hill (voces, batería, guitarra e teclados) e Andy Morin (guitarra e baixo). A banda publicou dous álbums dixitais a través do selo de Death Grips, Third Worlds, I've Always Been Good at True Love en 2015,[1][2] e Scum with Boundaries en 2016,[3] os dous editados sen ningunha publicidade previa. The I.L.Y's nunca actuou ao vivo máis que como parte de Death Grips. No presente están fichados polo selo Castle Face Records, co cal publicaron o álbum Bodyguard en 2017.

Historia[editar | editar a fonte]

A existencia de The I.L.Y's revelouse o 4 de xuño de 2015, cando unha conta de Twitter asociada ao grupo de hip hop experimental Death Grips compartiu unha ligazón de descarga do álbum I've Always Been Good at True Love, aloxado na web de Third Worlds de Death Grips, sen ningunha información sobre o traballo e os artistas implicados.[1][2] Fans e críticos especularon que That the I.L.Y's era un proxecto paralelo formado por membros de Death Grips co guitarrista de Tera Melos Nick Reinhart, ou unha banda de apertura para a súa xira de verán.[1] Dez días despois, Death Grips confirmou que The I.L.Y's era un proxecto paralelo formado por Zach Hill e Andy Morin, e insinuou que planeaban lanzar o álbum en formato físico.

O 16 de xullo de 2016 The I.L.Y's publicou o seu segundo álbum de estudio, titulado Scum with Boundaries, a través de YouTube e SoundCloud, novamente sen un anuncio previo.[3]

O 25 de marzo de 2017 anunciouse un terceiro álbum, titulado Bodyguard, coa lista de cancións completa e a portada, previsto para ser publicado ese meso ano.[4] Posteriormente a banda compartiu un video musical dobre para dous temas do álbum, "Gargoyle" e "Bobo".[5] O disco foi lanzado dixitalmente o 16 de maio, cunha edición física chegando o 16 de xuño a través de Castle Face Records.[6]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
I've Always Been Good at True Love 2015 Third Worlds
Scum with Boundaries 2016 autoeditado
Bodyguard 2017 Castle Face Records

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Death Grips Release Album by Mysterious Group the I.L.Y.s". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-12-30. 
  2. 2,0 2,1 "Death Grips release mysterious new album from The I.L.Y.'s". Consequence of Sound (en inglés). 2015-06-04. Consultado o 2019-12-30. 
  3. 3,0 3,1 "Death Grips Side Project the I.L.Y's Release New Album Scum With Boundaries: Listen". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-12-30. 
  4. "Death Grips Side Project the I.L.Y’s Detail New Album Bodyguard". Pitchfork (en inglés). 2017-03-25. Consultado o 2022-07-26. 
  5. "Death Grips Side Project The I.L.Y’s Share Bizarre Video for Two New Songs: Watch". Pitchfork (en inglés). 2017-04-08. Consultado o 2022-07-26. 
  6. "Death Grips Offshoot the I.L.Y’s Share New Song “I Love You Man,” Announce Album Release Date". Pitchfork (en inglés). 2017-05-01. Consultado o 2022-07-26.