The Hole Truth... and Nothing Butt
The Hole Truth...and Nothing Butt | ||||
---|---|---|---|---|
Recompliación de Butthole Surfers | ||||
Edición | 27 de marzo de 1995 | |||
Gravación | 1983 - 1993 | |||
Duración | 72:00 | |||
Xénero(s) | música de vangarda, hardcore punk, neopsicodelia, noise rock | |||
Selo(s) | Trance Syndicate | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
The Hole Truth...and Nothing Butt' é o primeiro álbum recompilatorio da banda estadounidense Butthole Surfers, publicado oficialmente o 27 de marzo de 1995 a través do selo Trance Syndicate.[1] Todos os temas foron compostos polo grupo agás "Come Together" dos Beatles e "Hurdy Gurdy Man" de Donovan.
O disco foi lanzado orixinalmente en CD no ano 1994 polo selo de bootlegs Totonka Records. Un seguidor da banda recompilara o material que ofrece unha mestura de demos de estudo e gravacións en directo, así como unha parte dunha entrevista radiofónica.[1] Á banda gustoulle a colección o suficiente como para que o reeditaran a través de Trance Syndicate en 1995, empaquetándoo cun adhesivo de Butthole Surfers xunto con ela.
As dúas demos, "Butthole Surfer" e "Something," foron gravadas en 1983. Dos temas ao vivo, catro graváronse en 1985, tres en 1986, dous en 1988, un en 1989 e 1991, e tres en 1993.
A entrevista foi gravada na emisora WNYU de Nova York o 28 de xullo de 1987. Todos os membros dese período están presentes, incluíndo Gibby Haynes, Paul Leary, King Coffey, Teresa Nervosa e Jeff Pinkus.
The Hole Truth... and Nothing Butt é o terceiro dos tres álbums de Butthole Surfers que inclúe imaxes de pallasos na portada, sendo os outros Live PCPPEP de 1984 e Locust Abortion Technician de 1987. As ilustracións de pallasos da portada deste álbum son versións combinadas e re-coloreadas dos debuxos lineais das portada e contraportada de Live PCPPEP.
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]N.º | Título | Duración |
---|---|---|
1. | "Butthole Surfer" | 3:01 |
2. | "Something" | 5:00 |
3. | "Moving to Florida" | 4:02 |
4. | "Hurdy Gurdy Man" | 2:43 |
5. | "Come Together" | 0:52 |
6. | "Cherub" | 6:08 |
7. | "Graveyard" | 3:03 |
8. | "USSA" | 4:46 |
9. | "Lady Sniff" | 3:32 |
10. | "John E. Smoke" | 7:09 |
11. | "1401" | 2:43 |
12. | "Psychedelic" | 9:57 |
13. | "Bon Song" | 3:15 |
14. | "The Wooden Song" | 3:32 |
15. | "Pittsburgh to Lebanon" | 3:26 |
16. | "The Shah Sleeps in Lee Harvey's Grave" | 6:09 |
17. | "WNYU Interview" | 5:28 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "The Hole Truth...and Nothing Butt - Butthole Surfers". AllMusic (en inglés). Consultado o 2024-06-22.