The Glands
The Glands | |
---|---|
Orixe | Athens, Xeorxia, |
Xénero(s) | indie rock |
Selo(s) discográfico(s) | Bar/None Records, Capricorn Records, Velocette Records, New West Records |
Membros | Ross Shapiro Joe Rowe Craig McQuiston Derek Almstead |
Na rede | |
The Glands foi unha banda estadounidense de indie rock procedente de Athens, Xeorxia. O grupo autoeditou o seu primeiro álbum, Double Thriller, en 1996 e Bar/None Records reeditouno en 1998. O seu segundo traballo, The Glands, apareceu no ano 2000 a través do selo Capricorn Records e foi reeditado por Velocette Records en 2001.
O seu son lembra a distintas influencias como The Kinks, The Who e The Rolling Stones. O seu tema "Livin' Was Easy" apareceu no DVD Let America Laugh do cómico David Cross. A banda reuniuse para unha curta xira a finais de 2011, realizando varios concertos con Yo La Tengo.
Ross Shapiro, vocalista, guitarrista e fundador de The Glands, morreu en marzo de 2016 ao 53 anos de cancro de pulmón.[1][2] Tras a morte de Shapiro, os membros superviventes Joe Rowe (batería) e Derek Almstead (baixo), xunto co produtor David Barbe, continuaron traballando no terceiro álbum do grupo, Double Coda, editado en 2018 por New West Records.[3]
Discografía[editar | editar a fonte]
Álbums[editar | editar a fonte]
Álbum | Ano | Selo | Notas |
---|---|---|---|
Double Thriller | 1996 | autoeditado | reeditado en 1998 por Bar/None Records |
The Glands | 2000 | Capricorn Records | reeditado en 2001 por Velocette Records |
Double Coda | 2018 | New West Records |
Recompilatorios[editar | editar a fonte]
Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
I Can See My House From Here | 2018 | New West Records |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "The Glands May Be The Greatest Band You've Never Heard Of". Npr. Consultado o 22 de maio de 2023.
- ↑ "The Glands' Ross Shapiro Has Died". Pitchfork (en inglés). 2016-03-27. Consultado o 2023-05-22.
- ↑ Hart, Ron (2019-01-03). "How The Glands’ Posthumous Swan Song Solidified the Legacy of Late Frontman Ross Shapiro". Billboard (en inglés). Consultado o 2023-05-22.