The Donkey Rustlers

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
The Donkey Rustlers
Autor/a Gerald Durrell
Orixe Reino Unido
Lingua inglés
Xénero(s) Novela
Editorial HarperCollins
Data de pub. 1968
Páxinas 158

The Donkey Rustlers ("os secuestradores de burros") é unha novela de Gerald Durrell, publicada en 1968 por HarperCollins.

Trama[editar | editar a fonte]

A familia Finchberry-White marcha de Inglaterra á illa grega de Melisa, á aldea de Kalanero, onde todos os habitantes os estiman. Os protagonistas son Amanda e David (os rapaces da familia) e o seu amigo Yani, un rapaz orfo da illa. O alcalde da aldea reclámalle a Yani uns cartos que lle prestara ao seu pai, baixo a ameaza de quedar coas terras que herdara. Coa colaboración de Coocos, un rapaz tatexo da illa, planean secuestrar os burros da aldea, que supoñen o único medio de transporte para a poboación.

Tras comprobar que os burros nadaban, levan de noite a unha pequena illa deserta os 19 burros da aldea. Nesa mesma noite, de lúa chea, deixan carteis que deixan ao pobo desconcertado. O alcalde di que o secuestro foi obra dos comunistas, e decide ir á vila da illa para pedir axuda á policía. O inspector chega con dous cans para buscar pistas, pero non atopan nada. O alcalde pídelle axuda ao pai de Amanda e David (coñecedor do secuestro de man de Coocos), e o inglés recoméndalle que pida unha recompensa a cambio de información (recompensa superior á cantidade debida por Yani ao alcalde). Os rapaces dinlle ao alcalde onde están os burros, e logo de que Amanda lle reclamase os cartos, o alcalde viuse obrigado a dárllelo.