The Daily
The Daily | |
---|---|
Tipo | xornal dixital |
Fundación | 2 de febreiro de 2011 |
Remata | 15 de decembro de 2012 |
Empresa editora | News Corporation |
Editorial | News Corporation |
Lingua | lingua inglesa |
Na rede | |
http://www.thedaily.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
The Daily foi un periódico xeralista en lingua inglesa estadounidense deseñado especialmente para o iPad,[1] o segundo totalmente dixital despois de The Project de Richard Branson.[2] Pertencía a News Corporation e pretendía ser exclusivamente dixital, diferenciándose dos xornais en papel pola potenciación de contidos interactivos.[3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Aínda que, orixinalmente, o lanzamento estaba previsto para o 19 de xaneiro de 2011 en San Francisco, o inicio da súa publicación foi adiado por News Corporation e Apple[4][5] até o 2 de febreiro de 2011 no Museo Solomon R. Guggenheim en Nova York.[6][7] O acceso a un único número custaba 14 centavos de dólar[3] e existía unha subscrición semanal que custaba 0,99 dólares mentres a anual era de 39,99 dólares.[8]
En xullo de 2012, a revista foi colocada baixo a análise polos malos resultados económicos que ofrecía,[9] pois a pesar de que conseguiu máis de 100.000 suscripcións de pagamento, a revista perdeu no primeiro trimestre uns 10 millóns de dólares, que xunto aos 30 millóns de custe da súa creación, supuña máis de 40 millóns.
O 3 de decembro de 2012, News Corporation anunciou que o periódico remataría as súas operacións o 15 de decembro como parte dun proceso de reorganización de News Corporation.[10] O xerente do grupo, Ruperte Murdoch afirmou que o xornal dixital "non puido atopar unha audiencia o suficientemente grande como para nos convencer de que o modelo de negocio fose podía ser sostible a longo prazo".
A partir de entón o seu enderezo web redirixe cara ao sitio do New York Post.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The Daily, el primer diari per a iPad". www.vilaweb.cat (en catalán). 03-02-2011. Consultado o 16-12-2018.
- ↑ "The Daily sur iPad : 500 000 lecteurs/jour pour atteindre l'équilibre". www.lesnumeriques.com (en francés). 04-02-2011. Consultado o 16-12-2018.
- ↑ 3,0 3,1 Oeillet, Audrey (03-02-2011). "News Corp lance The Daily, son quotidien 100% iPad". www.clubic.com (en francés). Consultado o 16-12-2018.
- ↑ Russell Adams (14 de xaneiro de 2011). "News Corp. and Apple Delay Launch of The Daily for iPad". The Wall Street Journal (en inglés). Consultado o 8 de novembro de 2012.
- ↑ Peter Kafka (13 de xaneiro de 2011). "A Delay for the Daily: Apple, News Corp. Push Back Launch Date". All Things Digital (en inglés). Consultado o 8 de novembro de 2012.
- ↑ Leslie Horn (27 de xaneiro de 2011). "'The Daily,' News Corp's iPad-only Paper, Launching Feb. 2". PC Magazine (en inglés). Consultado o 8 de novembro de 2012.
- ↑ "Presentan oficialmente a "The Daily", el diario exclusivo para iPad". EMOL (en español). 2 de febreiro de 2011. Consultado o 8 de novembro de 2012.
- ↑ "The Daily’s 100,000 subscribers are likely far too few to keep it afloat". thenextweb.com (en inglés). 14-07-2012. Consultado o 16-12-2018.
- ↑ Webster, Andrew (12-07-2012). "The Daily reportedly put 'on watch' as News Corp. looks to cut costs". theverge.com (en inglés). Consultado o 16-12-2018.
- ↑ Tartaglione, Nancy (03-12-2012). "News Corp Details Proposed Separation Of Businesses; Entertainment Company To Be Called Fox Group; The Daily To Cease". deadline.com (en inglés). Consultado o 16-12-2018.