The Constitution of Man

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Constitution of Man (A constitución do home) é un libro de George Combe publicado en 1828 no que se fai unha exposición clásica de frenoloxía, pero tamén de filosofía natural. O libro intenta conectar a ciencia anatómica do século XIX con conceptos evolutivos. O seu argumento central é que as leis do universo físico son igual de activas no cerebro humano (e, por tanto, na mente) que no universo "físico" externo. Por tanto, é útil comprender o comportamento en termos neurolóxicos, en vez de en termos relixiosos ou filosóficos.[1] No libro dise que como o home está sometido ás leis físicas naturais, coñecer e obedecer as leis naturais é o primeiro paso para ter unha boa vida, en lugar de dicir que é o seguimento da Biblia (como daquela era habitual), o que causou un grande escándalo en sectores sociais da época.[2]

O libro foi un éxito de vendas internacional; entre 1828 e 1900 vendéronse 350.000 exemplares.[2] O libro exerceu unha enorme influencia entre as persoas educadas e de mente científica nas décadas de 1830 e 1840. Probablemente foi o libro que mellor axudou a diseminar o progresivismo naturalista nos países de fala inglesa.[3] En 1844, a mesma audiencia recibiu encantada o libro pouco ortodoxo do frenólogo de Edimburgo Robert Chambers (publicado anonimamente) titulado Vestiges of the Natural History of Creation (Vestixios da Historia Natural da Creación), de contido evolutivo. Estes dous libros prepararon á xente para o libro de Charles Darwin A orixe das especies de 1859.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Grampp on the Manchester School of Economics". Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2016. Consultado o 04 de setembro de 2016. 
  2. 2,0 2,1 John van Wyhe. The History of Phrenology on the Web George Combe's The Constitution of Man in Relation to External Objects (8th ed., 1847).
  3. Jenkins B. Phrenology, heredity and progress in George Combe's Constitution of Man. Br J Hist Sci. 2015 Sep;48(3):455-73. doi: 10.1017/S0007087415000278. Epub 2015 May 14. PMID 25998794 . DOI 10.1017/S0007087415000278
  4. The Victorians: Religion and Science

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.