Saltar ao contido

The Colour of Magic

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este artigo trata sobre o libro, para a película véxase The Colour of Magic (filme).

The Colour of Magic
 Instancia de
 Título
The Colour of Magic (en)
Die Farben der Magie (de) Editar o valor en Wikidata
 Xénero artístico
 Forma artística
 Lingua
Obras e produtos
 Obra derivada
 Ambientado en
 Universo ficticio
 Personaxes
Implicados
 Autor/a
Datas
 Data de publicación
24 de novembro de 1983
1983 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
 Parte da serie
Discworld (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Recoñecemento
 Premios e distincións
The Big Read (pt) Traducir (2003) Editar o valor en Wikidata
Identificadores
Goodreads194190 Editar o valor en Wikidata
Open LibraryOL453657W Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01wk44 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

The Colour of Magic é unha novela de 1983 escrita por Terry Pratchett, e que constitúe o primeiro libro da serie Discworld.

O personaxe principal é un mago incompetente e cínico chamado Rincewind. Involuntariamente faise guía do turista Twoflower, personaxe co que o autor parodia ó típico turista con bermudas e camisa hawaiana que saca fotos constantemente e goza das cousas cotiás que pasan desapercibidas para os lugareños. Ambos escapan da cidade de Ankh-Morpork por culpa dun incendio terrible, causado indirectamente por Twoflower, comezando unha viaxe a través do Discworld. Sen eles sabelo, a súa viaxe é controlada polos Deuses que xogan un xogo de mesa (que é o seu xogo preferido e consiste en poñerlles obstáculos ou axudarlles).

Na súa aventura visitan Wyrmberg, onde unha montaña ó revés é a casa dos dragóns que só existen debido a alta concentración de maxia existente na zona, xa que o afastarse da montaña estes desaparecen. Ó escapar dos dragóns sofren un accidente polo que acaban no Bordo do Discworld (que é unha cascada que rodea todo o mundo) son rescatados polos habitantes do país de Krull, unha cidade colocada sobre o mesmísimo Bordo que vive do que é arrastrado cara a cascada.

O desexo dos krulianos é descubrir o xénero da Gran A'Tuin, a tartaruga xigantesca que leva o Discworld polo espazo. Para iso construíron unha cápsula espacial para lanzar sobre o bordo e propoñen sacrificar a Rincewind e a Twoflower para conseguir a sorriso do Destino para ter boa sorte na misión de descubrilo sexo da tartaruga. En cambio , Rincewind e Twoflower secuestran a cápsula nunha tentativa de escaparse e acábanse proxectados fóra do Discworld eles sós.

A historia é seguida pola novela The Light Fantastic.