Saltar ao contido

That's My Boy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

That's My Boy
 Título
That's My Boy Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Xénero
 Lingua orixinal
 Cor
Autoría
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
Temática
 Ambientado en
Publicación
 Data de publicación
2 de agosto de 2012 (Hungría)
27 de setembro de 2012 (Alemaña) Editar o valor en Wikidata
 Compañía produtora
 Formato de distribución
 Puntuación da crítica
31/100 Metacritic (18 de maio de 2024)
3.8/10 Rotten Tomatoes (10 de outubro de 2021)
20% Rotten Tomatoes (10 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
Dimensións
 Duración
1 hora e 54 minutos Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Identificadores
ISAN0000-0003-3BBA-0000-J-0000-0000-H Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Redes
IMDB: tt1232200 Filmaffinity: 321326 Allocine: 189527 Rottentomatoes: m/thats_my_boy_2012 Mojo: ihateyoudad Allmovie: v535472 TCM: 869409 Metacritic: movie/thats-my-boy TV.com: movies/thats-my-boy
Facebook: ThatsMyBoyMovie Netlix: 70220030 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

That's My Boy[1] é unha película de comedia norteamericana protagonizada por Adam Sandler, Andy Samberg e Leighton Meester. O guión foi escrito por David Caspe e dirixido por Sean Anders.

A película foi producida baixo a compañía de produción de Sandler, Happy Madison; e foi rodada en Massachusetts, nos arredores de Boston, Everett, Lynn, Brockton, Stoughton e Cape Cod.[2] A película estreouse o 15 de xuño de 2012.[3][4] e é distribuída por Columbia Pictures.

O filme comeza cando o adolescente Donny Berger coñece a muller dos seus soños. O único problema é que esta muller, Mary McGarricle, é a súa profesora. Así, a profesora acaba tendo un fillo con el, feito que a acaba levando á cadea, deixando só a Donny para criar o neno.

Donny intentou ser un bo pai, pero non o fixo moi ben. Agora, trinta anos despois, Todd (Andy Samberg) xa é adulto e é un alto executivo en Wall Street. Afastouse de Donny tan pronto como puido e non o viu durante anos. Mais Donny ten problemas, xa que lle debe miles de dólares a Facenda, e é entón cando pensa que poñerse en contacto co seu fillo é a única maneira de conseguir os cartos para evitar o cárcere. Localiza o fillo cando este está preparando a súa voda con Jamie (Leighton Meester).

Produción

[editar | editar a fonte]

A película titulouse orixinalmente I hate you, dad (Ódiote, papá). Logo cambiouse a Donny's boy (O rapaz de Donny) antes de que os produtores finalmente a chamaran That's my boy (Ese é o meu rapaz).[1][5]

Promoción

[editar | editar a fonte]

Un tráiler de banda vermella foi lanzado o 1 de marzo de 2012.[4] Un tráiler de banda verde foi lanzado máis tarde o 5 de marzo de 2012. O 1 de xuño de 2012, todo o elenco sentou coa MTV no escenario de City Walk para discutir a película, os seus próximos proxectos individuais e tamén participaron nun Q&A (Preguntas e respostas) co público. A película tamén foi promovida nos MTV Movie Awards de 2012, onde Adam Sandler, Andy Samberg e Leighton Meester foron os presentadores do «mellor bico».

Un tráiler falso foi publicado por Samberg na conta de The Lonely Island en YouTube o 1 de xuño de 2012.[6]

Recadación

[editar | editar a fonte]

A película abriu o 15 de xuño de 2012 con $4.6 millóns e conseguiu $13 millóns no seu debut en toda a fin de semana, que sería a peor fin de semana inaugural de Sandler desde Reign Over Me en 2007,[7] que contou cun orzamento significativamente menor.

A película recadou $13.453.714 na súa fin de semana inaugural, ocupando o posto número catro detrás das segundas fins de semana de Madagascar 3: Europe's Most Wanted e Prometheus e a apertura de Rock of ages.[8] A 27 de xuño de 2012, a película recadou $30 447 403 a nivel nacional e $33 318 295 en todo o mundo.[9]

Resposta da crítica

[editar | editar a fonte]

As críticas foron principalmente negativas. Rotten Tomatoes reporta que só o 23% dos críticos de cine deu unha recensión positiva baseado en 85 comentarios, co consenso que indica que «se ben representa unha nova incursión en obscenidade para maiores de idade típica de Sandler, en That's my boy empeza a repetir un efecto decrecente, arrastrando a Andy Samberg con el».[10] Metacritic dálle unha cualificación de 30/100, o que indica «críticas xeralmente desfavorables». O programa de críticas en liña Half in the Bag, denomina a película «patética» e critica a Sandler como cómico, incluíndo a súa incapacidade para crear humor real que non estea baseado en chistes infantís.

A película foi criticada pola súa representación cómica de violación de menores, pedofilia e incesto.[11][12][13][14][15][16][17][18][19]

  1. 1,0 1,1 Ngo, Binh (3 de febreiro de 2012). "La comedia de Adam Sandler Donny's boy cambió a That's my boy". Movies with Butter. Arquivado dende o orixinal o 29 de febreiro de 2012. Consultado o 10 de novembro de 2012. 
  2. "Thursday, July, 21: Filming Locations in NYC, Detroit, Chicago, & more including AWOL, Boss, and SVU". On Location Vacations. 9 de xullo de 2011. Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2013. Consultado o 10 de novembro de 2012. 
  3. "I Hate You, Dad". CraveOnline. Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2011. Consultado o 10 de novembro de 2012. 
  4. 4,0 4,1 Ng, Philiana (10 de novembro de 2012). "Thats My Boy Trailer. Adam Sandler, Andy Samberg". The Hollywood Reporter. Consultado o 1 de marzo de 2012. 
  5. Eisenberg, Eric (16 de xaneiro de 2011). "Adam Sandler Comedy I Hate You, Dad Retitled Donny's Boy, First Image Arrives Online". Cinema Blend. Consultado o 10 de novembro de 2012. 
  6. "That's My Boy Trailer - Samberg Cut" - YouTube
  7. Rosen, Christopher (16 de xuño de 2012). "'That's My Boy' Box Office: Adam Sandler Comedy Bombs, Tom Cruise's 'Rock Of Ages' Disappoints". Huffington Post. Consultado o 10 de novembro de 2012. 
  8. Weekend Box Office Results for June 15-17, 2012 - Box Office Mojo
  9. Ficha de That's My Boy en Box Office Mojo (en inglés).
  10. Ficha de That's My Boy en Rotten Tomatoes (en inglés).
  11. http://www.salon.com/2012/06/16/sympathy_for_adam_sandler/
  12. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2012. Consultado o 10 de novembro de 2012. 
  13. http://www.dailymercury.com.au/story/2012/06/21/movie-review-thats-my-boy-adam-sandler/
  14. http://www.qt.com.au/story/2012/06/21/movie-review-thats-my-boy-adam-sandler/
  15. http://ncfm.org/2012/05/news/discrimination-against-men-news/adam-sandlers-new-movie-thats-my-boy-exploits-child-victims-of-sexual-assault-please-boycott-the-movie/
  16. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2013. Consultado o 10 de novembro de 2012. 
  17. http://www.huffingtonpost.com/christopher-rosen/thats-my-boy-adam-sandler_b_1600054.html
  18. http://goodmenproject.com/noseriouslywhatabouttehmenz/thats-my-boy/
  19. http://goodmenproject.com/good-feed-blog/adam-sandler-and-rape-culture/

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]