Teófilo Rodríguez Baamonde
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de novembro de 1827 Ribadavia, España |
Morte | 24 de xaneiro de 1898 (70 anos) Madrid, España |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
Senador de España | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | avogado , político |
Partido político | Partido Moderado |
Lingua | Lingua castelá |
Teófilo Rodríguez Baamonde de Castro y Limia,[1] marqués de Baamonde, nado en Ribadavia o 21 de novembro de 1827 e finado en Madrid o 24 de xaneiro de 1898, foi un avogado e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Neto de Agustín Rodríguez Baamonde e fillo de Antonio Rodríguez Baamonde. Estudou dereito na Universidade Central de Madrid. Foi elixido deputado polo distrito de Ribadavia en 1857 polos moderados. Volveu ser elixido deputado polo mesmo distrito en 1858, 1863 e 1864. Dende 1864 ostentaba o título de marqués de Baamonde concedido polo papa Pío IX.[2] En 1864 foi nomeado senador vitalicio pola raíña Isabel II.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou en Madrid con Mariana Fernández de Córdoba y Vera de Aragón en 1861.[3]
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Rodríguez Vaamonde, Teófilo". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 199.