Tesouro de Agolada
Tesouro de Agolada | |
Tipo | Tesouro / Xoias |
Data | -1700 - -1600 |
Características | |
Materiais | Ouro |
Descuberta | |
Localización | Castro de Goiás, Ferreiroa, Galicia |
Data | 1920 |
Conservación | |
Localización | Museo de Pontevedra |
O tesouro de Agolada é un conxunto de xoias, datadas probablemente no Bronce Inicial ou Bronce Antigo B (1700-1600 a.C.),[1] composto por unha gargantilla e dous brazaletes de ouro. Atopouse, preto do Castro de Goiás, na parroquia de Ferreiroa, nun túmulo con motivo das obras da estrada de Lalín a Agolada no ano 1920, polo que se entende que formaba parte dun enxoval funerario.
O conxunto ten varios paralelos en Galicia, pero fóra de Galicia só se teñen atopado obxectos semellantes na Bretaña francesa, feito que é interpretado como unha testemuña das relacións atlánticas entre os poboadores do territorio galego e os da Bretaña francesa nos inicios da Idade de Bronce, sendo tamén interpretados como a expresión dunha sociedade xerarquizada.
Na actualidade consérvase no Museo Provincial de Pontevedra.
Descrición
[editar | editar a fonte]A gargantilla é unha delgada lámina rectángular con estreitamentos cara aos extremos. Mide 40 cm de lonxitude e 7,6 de ancho no centro onde alcanza a maior anchura e se decora con dezaoito cortes horizontais resultando dezanove canas limitadas por outras tres canas verticais feitas con buril. Nos extremos presenta pestanas dobradas para o seu enganche.
Os brazaletes son subcilíndricos, macizos, con forma de curva elíptica, lisos e abertos, que rematan en dous botóns planos. O seu diámentro máximo é de 9 cm e pesan entre 300 e 400 gramos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Eiroa, Jorge Juan (2004). "La edad del bronce en Murcia" (en castelán).