Terra vermella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Típico camiño de terra vermella, na provincia de Misiones.

A terra vermellayvy pytã en guaraní—é un tipo de solo considerado como un dos máis fértiles do mundo polo seu alto contido en nutrientes para plantas e árbores, A súa orixe está na descomposición durante millóns de anos de rochas basálticas. A súa principal característica é a súa cor vermella inconfundible, por mor da presenza de minerais de laterita, especialmente o ferro; é ademais rica en nitróxeno, potasio e fósforo.

Na Arxentina e Paraguai coñécese como tierra colorada e abrangue a totalidade da provincia de Misiones, e a rexión nordés da provincia de Corrientes no primeiro caso e todo o Departamento do Alto Paraná e parte dos departamentos de Caagauzú, Canindeyú e Itapúa no segundo

No Brasil, coñecese como terra roxa, forma que procede dun equívoco, xa que os inmigrantes italianos que traballaban nas facendas de café dábanlle o nome de terra rossa, e os brasileiros aportuguesaron o termo italiano, no canto de traducilo. Este tipo de solo aparece no interior do estado de São Paulo, sur de Minas Gerais e ao norte de Paraná. .