Terá as túas balas
Aparencia
| Terá as túas balas | |
|---|---|
|
Título
| |
|
Instancia de
| |
|
Forma artística
| |
|
Xénero
| |
|
Lingua
| |
| Autoría | |
|
Autor/a
| |
|
Ilustrador/a
| |
| Publicación | |
|
Data de publicación
| |
|
País de orixe
| |
|
Editorial
| |
| Fontes e ligazóns | |
| Wikidata |
Terá as túas balas é unha novela curta en lingua galega publicada no ano 2000 pola editorial Sotelo Blanco e escrita por Xabier Cid. Foi finalista do Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey dese ano. Está dividida en cinco capítulos.
Trama
[editar | editar a fonte]Un asasino profesional leva un centenar de vítimas nos últimos vinte anos. O seu nome é Damián. A acción discorre en M., un topos imaxinario. Damián, que rolda os corenta anos, recibe a encarga de liquidar un sindicalista dunha empresa de plásticos. Así comeza a novela, que se irá complicando e na que irán desfilando unha serie de personaxes entre os cales destaca a figura de Xulia.