Teodoro I de Montferrato
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1290 Constantinopla, Turquía |
Morte | 24 de abril de 1338 (47/48 anos) Trino, Italia (pt) |
Marquis of Montferrat (en) | |
1306 (Gregoriano) – 1338 (Gregoriano) ← João I de Monferrato (pt) – João II de Monferrato (pt) → | |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Obra | |
Obras destacables
| |
Outro | |
Título | Marqués |
Familia | Dinastía Paleólogo |
Cónxuxe | Argentina Spinola (1306 (Gregoriano)–) |
Fillos | Iolanda Paleóloga de Monferrato, João II de Monferrato |
Pais | Andrónico II Paleólogo e Irene de Monferrato |
Irmáns | Miguel IX Paleólogo Simonida Paleóloga João Paleólogo Demétrio Paleólogo (filho de Andrônico II) Bartholomaios Palaiologos |
Teodoro I Paleólogo, nado en Constantinopla sobre o 1290 e finado en Trino o 24 de abril de 1338, foi un príncipe bizantino e marqués de Montferrato desde 1306 até a súa morte.
Era un fillo do emperador bizantino Andrónico II Paleólogo e Iolanda de Montferrato e por tanto irmán de pai do tamén emperador Miguel IX Paleólogo quen sucedeu ao seu pai no trono. Despois de que a liña masculina dos Aleramici, marqueses de Montferrato, se extinguise en 1305, herdou Montferrato, xa que a súa nai era irmá de Xoán, o último marqués da familia Aleramici. Desembarcou en Xénova en 1306, gañando aos poucos o territorio de Montferrato sostido por Manfredo IV de Saluzzo, a familia Acaja e o rei Carlos II de Anjou. En 1310 recibiu a investidura imperial polo emperador Henrique VII.
Matrimonio e fillos
[editar | editar a fonte]En outubro de 1307, casou cunha dama xenovesa, Arxentina Spinola, filla do dux desa república, Opicino Spinola. Tiveron dous fillos:
- Xoán II de Montferrato (1321-1372), o seu sucesor
- Iolanda Paleóloga de Montferrato (1318-1342), quen casou co conde Aimón de Savoia.
Ademais, tivo outro fillo, tamén chamado Xoán (1312-1345), que morreu na batalla de Gamenario loitando contra o Reino de Nápoles.
Vida política
[editar | editar a fonte]Teodoro centrou a súa política principalmente no mantemento dos seus dominios de Piemonte sen aventurarse en demasiadas campañas de conquista. Co fin de controlar mellor os territorios convocaba reunións periódicas dos parlamentos, no que participaban os principais vasalos do marqués. Nos parlamentos debatíase a xestión da terra e a defensa militar. Esta forma de goberno tamén foi utilizada por outros marqueses da dinastía Paleólogo para manter baixo control á baixa nobreza feudal.
En 1319 o Papa Xoán XXII solicitou axuda de Teodoro para solucionar o problema do cisma entre a Igrexa de Occidente e a Igrexa Oriental, aproveitando os bos contactos de Teodoro na corte bizantina do seu pai Andrónico II Paleólogo. Pero as súas boas relacións coa Igrexa de Avignon estaban abocadas ao seu fracaso polo comportamento abertamente contrario á Casa de Anjou de Teodoro.
Teodoro morreu en Trino en 1338. Sucedeuno o seu fillo Xoán II.