Tembele (filme de 2022)
Aparencia
Tembele | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Tembele |
Director | Morris Mugisha |
Produtor | Morris Mugisha Ekuka Izaek |
Guión | Morris Mugisha Ninsiima Ronah |
Intérpretes | Patriq Nkakalukanyi Ninsiima Ronah Cosmas Sserubogo |
Fotografía | Ekuka Izaek Fauzia Mulimira |
Montaxe | Kimera Paul |
Estudio | Moideas |
Estrea | Kampala: 7 de agosto de 2022 |
Duración | 90 minutos |
Orixe | Uganda |
Xénero | Drama |
Na rede | |
Tembele é un filme ugandés de 2022 dirixido por Morris Mugisha. É o primeiro filme escollido para representar a Uganda para o Óscar ó mellor filme internacional, debutando na 95ª edición dos premios.[1]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Ambientado en Kampala, o filme céntrase en Tembele, un recolledor de lixo que traballa en quendas de 12 horas. Tembele e a súa muller, Mawa, están esperando o seu primeiro fillo xuntos. Cando o neno morre pouco despois do nacemento, Tembele ten unha crise mental e nega por completo que o seu fillo morrese.[2] Ao día seguinte volve traballar contento mentres os demais están de loito.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Patriq Nkakalukanyi como Tembele
- Ninsiima Ronah Rita como Mawe
- Cosmas Sserubogo como Segi
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Roxborough, Scott (27 de setembro de 2022). "Oscars: Uganda Picks ‘Tembele’ as First-Ever Best International Feature Submission".
- ↑ "Uganda picks 'Tembele' for the Oscars". The East African. 30 de setembro de 2022.