Telescopio espacial Herschel
| Herschel / FIRST | |
|---|---|
![]() Representación de Herschel | |
| Tipo | Observatorio espacial |
| Fabricante | Alcatel Space Systems, Astrium GmbH, Alenia Spazio |
| Organización | DGA |
| Data de lanzamento | 14 de maio de 2009, 13:12 GMT[1][2][3][4] |
| Foguete portador | Ariane 5[2][5] |
| Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Kourou[2][6] |
| Obxectivo da misión | Observacións astronómicas no infravermello.[2][6] |
| NSSDC ID | 2009-026A |
| Masa | 3400 kg[2][5][6] |
Herschel foi un observatorio espacial da Axencia Espacial Europea lanzado o 14 de maio de 2009 mediante un foguete Ariane 5 desde o Centro Espacial de Kourou.[2][5][6][4]
Características
[editar | editar a fonte]Herschel, previamente coñecido como FIRST (Far Infra Red and Submillimeter Telescope) foi un telescopio espacial lanzado para observar en lonxitudes de onda do infravermello distante e submilimétricas, unha ventá do espectro electromagnético imposible de observar desde a superficie terrestre. Tiña unhas dimensións de 7 m de largo e 4,3 de ancho. O espello primario do telescopio, de 3,5 m de diámetro, estaba feito de carburo de silicio, o que reduciu a súa masa dos 1500 kg que tería se estivera feito con materiais convencionais a so 300 kg. Foi o primeiro telescopio en observar no seu rango espectral e foi colocado nunha órbita a 1,5 millóns de km da Terra, nun punto estable (o punto de Lagrange L2) onde as forzas gravitatorias do Sol e da Terra se compensan.[2][5][6][4]
Entre os obxectivos de Herschel estaban a formación e evolución das primeiras galaxias, o seu desenvolvemento químico e o estudo das rexións de formación estelar e de sistemas planetarios en formación. [2][5][6][4]
O telescopio tecnicamente é de tipo Ritchey-Chrétien, e levaba tres instrumentos a bordo:[2][5][6][4]
- HIFI (Heterodyne Instrument for Herschel), un espectrómetro de alta resolución.
- PACS (Photoconductor Array Camera and Spectrometer), unha cámara.
- SPIRE (Spectral and Photometric Imaging REceiver), un fotómetro.
Os instrumentos tiñan que arrefriarse mediante un criostato con helio superfluído a -271 °C para poder observar no infravermello. A subministración deste helio foi o que decidiu a duración da misión, xa que acabou esgotándose, co que se deu por terminada a misión o 29 de abril de 2013.[2][5][6][4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ N2YO (2020). Real Time Satellite Tracking, ed. "HERSCHEL" (en inglés). Consultado o 14 de maio de 2020.
- 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 NASA (17 de abril de 2020). "Herschel Space Observatory" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 14 de maio de 2020.
- ↑ Claude Lafleur (2020). "Herschel" (en inglés). Consultado o 14 de maio de 2020.
- 1 2 3 4 5 6 "Letter dated 5 March 2010 from Head of the Legal Department of the European Space Agency to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (10-54673(E)): 5. 22 de xuño de 2010. Consultado o 14 de maio de 2020.
- 1 2 3 4 5 6 7 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Herschel" (en inglés). Consultado o 14 de maio de 2020.
- 1 2 3 4 5 6 7 8 Mark Wade (2020). "Herschel" (en inglés). Consultado o 14 de maio de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Telescopio espacial Herschel |
