Telémaco de Roma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Telemachus.JPG

Telémaco foi un monxe que, segundo a tradición católica, cando tentaba despartir a uns gladiadores no Coliseo de Roma morreu apedrado pola multitude no ano 404. O emperador cristián Honorio, impresionado polo martirio do monxe prohibiu a loita de gladiadores en Roma. A súa historia cóntanola Teodoreto, bispo de Cirro.