Telémaco (cráter)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Telémaco
PIA10506.jpg
Telémaco sobre a Ítaca Chasma
Tipo de accidente xeolóxico Cráter
Accidente xeolóxico de Tetis
Diámetro 92 km[1]
Profundidade ?
Coordenadas 54° N 339,4° O[1]
Procedencia do nome Fillo de Odiseo, o heroe da Odisea.[1]

Telémaco é un prominente cráter de impacto da lúa de Saturno, Tetis. Ten 92 km de diámetro,situado nas coordenadas 54° N 339,4° O, formouse sobre a Ítaca Chasma, a enorme estrutura de fendas, vales e depresións de Tetis . O seu nome procede do nome do fillo do heroe Odiseo da mitoloxía grega que aparece na Odisea.[1]

Primeiro plano do cráter Telémaco, onde se pode aprecia-lo seu prominente pico central e os seus definidos bordos, moito máis e poñemos en comparación co moi degrado Teiresias, que fica as 10 en punto respecto de Telémaco e do cal xa só se pode apecia-lo seu patrón circular.

A principal característica deste cráter é que ten un destacable pico central e uns bordos moi definidos, o cal suxire que sexa un cráter relativamente novo, ademais de formarse sobre a Ítaca Chasma, o cal da unha referencia da antigüidade desta chasma, xa que á parte deste cráter, a chasma ten outros cráteres máis pequenos sobre ela[2][3], o cal serve para data-la idade desta chasma.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 USGS Astrogeology (ed.). "Tethys: Telemachus". Gazetteer of Planetary Nomenclature. Consultado o 08-05-2010. 
  2. "PIA10460: Ancient Rift". 02-09-2008. Consultado o 05-05-2010. 
  3. "PIA10506: Crater and Canyon". 05-11-2008. Consultado o 05-05-2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]