Teina Bishop

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Teina Bishop
Nacemento11 de abril de 1959
 Illas Cook
NacionalidadeNova Zelandia
Alma máterUniversidade do Pacífico Sur
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Teina Bishop, nado o 11 de abril de 1959 en Aitutaki, é un político das Illas Cook.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Bishop estudou na Universidade do Pacífico Sur e logo traballou como profesor de secundaria e en 1991 montou coa súa dona a súa propia empresa Bishops Cruises e en 1994 unha tenda en Arutanga. Accedeu por primeira vez ao Parlamento das Illas Cook como representante do Partido das Illas Cook na circunscrición de Arutanga-Reureu-Nikaupara. En 2003 renunciou ao seu escano logo de recurtes presupostarios que afectaban á súa circunscrición,[1], forzando eleccións parciais na súa circunscrición que gañou sen oposición.[2] Bishop foi ministro de Medio Ambiente e Illas Exteriores durante cinco meses en 2006 e logo de gañar o seu partido as eleccións de 2010 entrou de novo en decembro de 2010 no gabinete[3] como ministro de Educación, Recursos Mariños e Turismo.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Cooks MP delivers resignation to speaker’s office". Radio New Zealand International. 2003-08-18. Consultado o 2009-12-20. 
  2. "Teina Bishop returns to Cook Islands Parliament unopposed". Radio New Zealand International. 2003-11-05. Consultado o 2009-12-20. 
  3. "Cooks PM announces cabinet line up". Radio New Zealand International. 2010-12-02. Consultado o 2010-12-03. 
  4. "Cook Islands cabinet named". www.radioaustralianews.net.au. Radio Australia News. December 6, 2010. Consultado o December 8, 2010. Education, marine resources and tourism have gone to Teina Bishop 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]