Teenage Cool Kids

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Teenage Cool Kids
OrixeDenton, Texas,
Período2006 - 2011
Xénero(s)punk rock, indie rock, lo-fi
Selo(s) discográfico(s)Protagonist Music
MembrosAndrew Savage
Bradley Kerl
Chris Pickering
Daniel Zeigler
Artistas relacionadosFergus & Geronimo, Parquet Courts, Wiccans
Na rede
http://www.myspace.com/teenagecoolkids
MySpace: teenagecoolkids Discogs: 1677196 Editar o valor em Wikidata

Teenage Cool Kids foi unha banda estadounidense de indie rock procedente de Denton, Texas. A banda fundouna no verán de 2006 Andrew Savage, ao que despois se lle uniu Daniel Zeigler, ao que Savage coñeceu mentres asistía á Universidade de North Texas en Denton. O primeiro material do grupo, da demo autoeditada e do 7 polgadas "Remember Me as a Silhouette", era lo-fi, popeiro e comparouse co indie rock de principios dos 90. O primeiro álbum da banda foi Queer Salutations, publicado no ano 2007. Pouco despois do lanzamento o grupo comezou a súa primeira xira.

Teenage Cool Kids pasou gran parte do ano 2008 xirando polos Estados Unidos e gravando o seu seguinte álbum.[1] En 2009 o dúo de hip hop de Chicago The Cool Kids esixíulles que cambiasen o seu nome por unha suposta infracción de marca.[2] A disputa rematou cun acordo iniciado por The Cool Kids. Este feito atrasou o lanzamento do seu segundo álbum varios meses, pero en xuño de 2009 Foreign Lands foi editado a través do selo Protagonist Music. O seu derradeiro álbum ata a data, Dentom After Sunset, foi publicado no ano 2011.

A banda sugue a filosifía do "faino ti mesmo", realizando todas as composicións, gravacións, e a creación dos libretos e a arte visual eles mesmos.[3]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Queer Salutations 2007 Protagonist
Foreign Lands 2009 Protagonist
Denton After Sunset 2011 Dull Tools

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rodrigue, Daniel (2009-07-09). "Teenage Cool Kids Start Growing Up". Dallas Observer. Consultado o 2019-12-22. 
  2. "New York - Sound of the City - The Cool Kids Will Not Tolerate You Naming Your Indie-Rock Act Teenage Cool Kids Or Otherwise Interfering In Their Unrelenting Music Industry Ascent". web.archive.org. 2009-05-31. Archived from the original on 31 de maio de 2009. Consultado o 2019-12-22. 
  3. Shotwell, James. "We Phoned Teenage Cool Kids!". Under the Gun Review (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 2019-12-22.