Do it yourself

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Faino ti mesmo")
Rapaz constríndo un avión de aeromodelismo.

Do it yourself (literalmente en galego: faino ti mesmo), habitualmente abreviado coma DIY, é unha expresión en lingua inglesa que fai referencia á práctica de fabricar, modificar ou reparar algo por conta propia no lugar de procurar a axuda ou pagar polo traballo de expertos ou profeionais. A investigación académica describe o "DIY" como un comportamento no que "os individuos toman materiais e compoñentes para producir, transformar ou reconstruír posesións materiais, incluíndo aquelas obtidas da propia contorna natural. O comportamento "DIY" xorde a partir de varias motivacións económicas (beneficio económico, falta de dispoñibilidade dun produto, falta de calidade dun produto, necesidade de personalización) e de identidade (aprendizaxe dun oficio, fortalezemento das capacidades propias, procura dunha comunidade, procura de algo único).

Historia[editar | editar a fonte]

A finais da década dos 70 o principio do DIY tornouse profundamente asociado ao anarquismo e a outros movementos anticonsumistas. Como concepto ou principio ético, DIY cuestiona o suposto monopolio das técnicas por especialistas e estimula a capacidade das persoas para aprenderen a realizar cousas alén do que tradicionalmente se crían quen de facer.[Cómpre referencia]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Gelber, Steven M. (1997). "Do-It-Yourself:Constructing, Repairing and Maintaining Domestic Masculinity". American Quarterly (en inglés) 49 (1): 66–112. doi:10.1353/aq.1997.0007. 
  • Wolf, Marco; McQuitty, Shaun (2011). "Understanding the do-it-yourself consumer: DIY motivations and outcomes". AMS Review (en inglés) 1 (3): 154–170. doi:10.1007/s13162-011-0021-2. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.