Teatro Mayor Julio Mario Santo Domingo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 4°45′24″N 74°03′46″O / 4.75671, -74.06281

Centro Cultural Biblioteca Pública Julio Mario Santo Domingo.

O Centro Cultural Biblioteca Pública Julio Mario Santo Domingo é un teatro de Bogotá, en Colombia, que acolle a biblioteca e o complexo teatral conformado polo Teatro Maior e o Teatro Estudo, xestionado e administrado grazas a unha alianza entre o sector privado e a administración distrital, a través da Secretaría de Cultura, Recreación e Deporte e o Instituto Distrital das Artes. Recibe o seu nome na honra do millonario colombiano Julio Mario Santo Domingo. Inaugurouse o 26 de maio de 2010. No proceso de construción de todo o complexo investíronse máis 50.000 millóns de pesos.[1]

Características[editar | editar a fonte]

Escaleiras do Teatro Mayor.

Ten unha capacidade máxima de 1.303 espectadores e foi construído co fin de presentar todo tipo de espectáculos de ópera e musicais, concertos, ballet clásico, danza contemporánea e obras de teatro.

Conta con tres niveis (Platea, Balcón 1 e Balcón 2) nun espazo deseñado para que todos os espectadores teñan desde calquera localidade unha excelente vista e recepción sonora, desde o que está moi preto do escenario, como o que se sitúa na última fila da sala, a 28 m de distancia.

Conta cunha ampla zona de carga que está comunicada co escenario, o que facilita a montaxe e desmonte de escenografías. Ten un foxo de orquestra de 7.70 x 20.40 m, con capacidade para 75 músicos, estruturado por dúas plataformas móbiles, que permiten subir e baixar a orquestra.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bogotá.gov.co (30 de maio de 2007). "Suba tendrá la biblioteca más grande de Iberoamérica". Consultado o 18 de agosto de 2008. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]